Noticias de Lugo

Eventos

El BNG reclama "el correcto mantenimiento" de la exposición de Fuxan os Ventos instalada en el Auditorio

O BNG instou ao Goberno municipal de Lugo a actuar para garantir o correcto mantemento da exposición dedicada aos 50 anos de traxectoria de Fuxan os Ventos, instalada no Auditorio Municipal que leva o nome da histórica formación galega. A formación nacionalista advertiu do deterioro que está a sufrir a mostra debido á falta de conservación das instalacións. O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, lembrou que esta exposición foi inaugurada o pasado mes de marzo coa intención de achegar á cidadanía a historia dunha das agrupacións máis relevantes da música galega. Segundo explicou, o espazo permite coñecer non só a evolución artística do grupo ao longo de cinco décadas, senón tamén parte da historia recente de Galicia a través de documentos, obxectos e materiais relacionados coa súa traxectoria. Arroxo sinalou que a mostra foi concibida para que todas as persoas que acoden ao auditorio poidan descubrir o legado de Fuxan os Ventos e lamentou que a falta de actuación do actual executivo municipal estea a provocar o seu deterioro. “Traballamos para que a veciñanza de Lugo puidese desfrutar da historia deste grupo cando vaia ao auditorio, e a inacción do PP está a facer que a exposición se deteriore”, afirmou. Rubén Arroxo, portavoz del BNG, afirmó que "trabajamos para que el vecindario de Lugo pudiese disfrutar de la historia de este grupo cuando vaya al auditorio, la inacción del PP está haciendo que la exposición se deteriore"
0.42056584358215