Casi finalizada la mejora al acceso a la ponte Vella do Rato
Estase a rematar a mellora do acceso á ponte Vella do Rato, na Chanca, no cruce da estrada do Rato. Unha obra sinxela pero que dá resposta ás demandas da Asociación de Veciños Castelo-Rato-A Chanca, e que tamén facilita a entrada de vehículos á sede da Cruz Vermella que hai nesta zona.
Os traballos, que están a piques de rematar, consistiron no levantamento do adoquín, recheo con base de cemento para corrixir o afundimento de varios metros da ponte, e posterior colocación de pavimento. Deste xeito, corríxese un desnivel moi amplo que provocaba un gran charco de auga e que as veces dificultaba a entrada de vehículos e incluso o paso de peóns.
O presidente da Asociación de Castelo-Rato-A Chanca, Manuel Miranda, ve a resposta a unha solicitude que él mesmo realizou o pasado 20 de abril. Na súa visita á zona da Chanca, o presidente deste colectivo trasladou outras peticións para seguir avanzando na mellora deste barrio.