Espectáculo musical este sábado en la casa de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Os actores Fran Rei e Félix Rodríguez estarán este sábado, 5 de xuño, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María con Desconcerto.
DESCONCERTO OUTEIRO DE REI
1 jun 2021

Os actores Fran Rei e Félix Rodríguez estarán este sábado, 5 de xuño, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María con Desconcerto. Un espectáculo cómico sobre a música clásica, dirixido por Marcos Orsi e producido por Culturactiva Producións, que ten como destinario o público infantil e familiar.

A peza comeza cos protagonistas chegando tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saíren da situación. A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto execútase con algún que outro atranco cómico (https://www.youtube.com/watch?v=w3ovZesOv-E).

Desconcerto é un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica a través do humor. Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica.

Ao longo dos 60 minutos de duración do espectáculo, conviven pezas musicais clásicas de compositores como Leroy Anderson, Bach, Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, e rutinas teatrais cómicas protagonizadas polo director da orquestra, diversos solistas, cancións a dúo, unha conferencia condensada sobre a música clásica e até un número de ballet.

É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros e a actividade levarase a cabo na horta da Casa-Museo Manuel María.

0.20585298538208