Los Billardeiros Musicais destacan en el abierto de billarda disputado en Nadela

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
La formación de Ribadeo sumó 336 puntos en una jornada marcada por la lluvia y el mal estado del terreno de juego
billardeiros-musicais-NADELA-2026
16 Nov 2026

Por Daniel Rodríguez Saavedra

Chovía a rego cheo o chegar o campo municipal de Nadela, logo escampou e rematou nunha agradable maña. Malia ter o campo cheo de auga, por maioría decidiuse xogar, aínda que algúns renunciaron a facelo.

Loitando entre poceiras, o aberto saiu adiante con algún que outro patinaxe forzoso. Os billardeiros Musicais saíron afinados e acadaron 88 puntos, 14 mais cos Troitas Bravas e 16 por riba de Madia Leva e colocaron no Podio da xornada a Basilio e Daniel so superados polo gran Mateu de Madia Leva.

En donas tamén colaron a Dori entre Sandra dos Troitas Bravas e Cris de Castiñeiro Milenario. Nos infantís, os irmáns Mateo e Martín (Troitas Bravas) e Mateo Lesmes de Madia Leva foron os mellores.

A vindeira xornada será en A Ponteneova o sábado 28.

As clasificacións quedaron do seguinte xeito: na categoría absoluta, Markytos, dos Billardeiros Musicais, acadou a primeira posición con 86 puntos, seguido de Félix, do mesmo equipo, con 84, e Mateu, de Madia Leva, con 80. Na clasificación por equipos, impuxéronse os Billardeiros Musicais de Ribadeo, con 336 puntos, por diante de Troitas Bravas, da Pontenova, con 308, e Madia Leva, de Lugo, con 303.

Na categoría feminina, Cris, do Castiñeiro Milenario, foi primeira con 47 puntos; Dori, dos Billardeiros Musicais, ocupou o segundo posto con 41, e Sandra, de Troitas Bravas, rematou terceira con 29. Nos infantís, Mateo, de Troitas Bravas, liderou a clasificación con 72 puntos, seguido de Martín, do mesmo equipo, con 37, e Martín Lesmes, de Madia Leva, con 24.

0.10286998748779