LugoXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Comeza a quenda de voto popular pola Palabra do Ano 2024 entre as seis preseleccionadas
Inaugurada a árbore de Nadal de Palas de Rei tecida pola Asociación de Amas de Casa San Tirso
A árbore, que foi tecida a man coa técnica do croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro
Lamentan "actos de vandalismo, lixo e roubos" durante a Foliada da Fonsagrada
Desde a Asociación Cultural Os Petapouco e a Destempo din que "sen coidado, civismo e respecto non será posible continuar construíndo e celebrando este espazo de tradición"
Javier Arias informou á plataforma Muro sobre a achega da Xunta para o futuro Museo da Romanización
"É o Concello o que ten que impulsar esta intervención nun inmoble da súa titularidade, e polo tanto ten que seguir dando pasos para sumar máis fontes de financiamento", sostén Javier Arias
A Xunta reactiva os Bonos Activa Comercio para incentivar as vendas no comercio local de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, fixo un balance da campaña, que arrancou o pasado mes de novembro con 1,3 millóns de euros mobilizados na provincia
O Torneo de Xadrez Escolar de Nadal de Lugo celebrarase este domingo, 15 de decembro
Haberá trofeos para os tres primeiros e para as tres primeiras clasificadas de cada categoría e agasallos para todas e todos os participantes
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación modernizará o padrón municipal dos 67 concellos da provincia
O Concello de Lugo esixirá á Xunta de Galicia un compromiso para acometer a reforma do cuartel de San Fernando
Pola súa parte, Lara Méndez esixiulle ao goberno galego que asuma por completo a súa competencia na execución do Museo da Romanización de Lugo
O PP de Lugo instará ao Goberno local de Lugo a ceder a parcela para a construción dun novo centro de saúde
Os populares expresaron a súa preocupación polos "bandazos da alcaldesa sobre a localización desta dotación"
Melendi súmase ao cartel do Caudal Fest 2025
O asturiano únese á cita coa música en directo na contorna fluvial do río Miño xunto a outros grandes nomes xa confirmados como Love Of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante ou Duncan Dhu
Cinco deportistas da Escola Deportiva Shihan de Lugo competiron en Xixón
Desde o Club destacan os resultados dos participantes nesta competición, poñendo en valor o traballo individual de cada un deles
Afectados pola falta de pediatras en tres concellos reclaman unha xuntanza con representantes da sanidade
Queren presentar a súa situación ao delegado da Xunta en Lugo e ao xerente da área sanitaria
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Apalpadora realizará 40 espectáculos por toda a provincia este Nadal
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas
Remata o obradoiro de emprego O Castro IX, centrado en traballos de xardinería e urbanización
Promovido polo Concello de Ribeira de Piquín, están asociados os de Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto
Mellorouse o camiño de acceso ao núcleo de Esporiz de Monterroso
A obra, que contou cun orzamentos de 16.015,69 euros, foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024
A Asociación Lugo Monumental valora negativamente os cambios do tráfico do Goberno Local
Reiteran a suxestión de poñer unha lona de goma resistente en San Marcos e Rúa Nova para “evitar a deterioración do firme e que se levanten as lousas e se produzan accidentes"
Auxilia Lugo celebra as súas xornadas de accesibilidade ao patrimonio no Burgo
Nestas, reflectiranse os avances que se lograron nos últimos anos e debaterase sobre as problemáticas que dificultan o garantir a accesibilidade física a estes espazos
Organizan o I Mercado de Nadal do Barrio de San Antonio este sábado, 14 de decembro
A Asociación de Veciños e Comerciantes do barrio de San Antonio de Padua de Lugo din que será “un día máxico no que gozar dun pequeno mercadiño e actuacións durante toda a xornada"
Continúan as obras da rúa Carril dos Loureiros en Lugo
O proxecto de peonalización da rúa permitirá "avanzar mellora integral do barrio de Recatelo despois de peonalizar practicamente todas as rúas do barrio"
O Xeodestino Comarca de Lugo - Terras da Ulloa presenta o seu novo vídeo promocional en Friol
A iniciativa está dirixida tanto ao sector turístico como á poboación en xeral
A UNED de Lugo organiza un obradoiro para facer coroas de Nadal
"A creación de coroas do Nadal é unha boa forma de conectar coa natureza”, din desde o centro de formación
O alumnado da Facultade de Formación do Profesorado da USC en Lugo rememorou a figura de Arximiro Rico
O profesor da USC no Campus de Lugo, Francisco Candia Durán, acolle na materia ‘Teoría e Historia da Educación Escolar’ accións pedagóxicas para promover a memoria histórica
O Castro de Viladonga acolle un obradoiro sobre xoguetes
Estará a cargo de Xotramu, que achegará ás familias a tradición lúdica galega
A ITV de vehículos agrícolas estará en Monterroso do 12 ao 18 de decembro
Todas as persoas interesadas en poder levar os seus vehículos á ITV, antes deberán solicitar cita previa no teléfono 981 928 080 ou na web www.sycitv.com




