Novas de Castro de Rei
Raíces do Vento organiza unha actividade de iniciación á observación de aves nas lagoas de Caque e Cospeito
A xornada contará coa colaboración de Óscar Rivas López, que ofrecerá explicacións sobre a identificación, os seus hábitats e as técnicas básicas para observalas
Os Valuros, máis de tres décadas de música e baile tradicional
A asociación cultural, nacida en 1992 cun grupo de oito nenos e nenas do colexio Ramón Falcón, conta hoxe con 42 integrantes e leva a cultura galega por festas, romarías de dentro e fóra de Galicia
Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo a súa tradicional Xornada Micolóxica
O programa abrirase cunha saída para a recollida de cogomelos desde o Campo da Feira
O Castro de Viladonga organiza un obradoiro sobre as propiedades das plantas na época castrexa
A actividade celebrarase o 22 de novembro, de 11.00 a 14.00 horas, e estará impartida por Lola Tourón
O Castro e o Poio logran o pase á final da Copa Galicia de fútbol sala feminina de marzo
O equipo chairego superou no derbi comarcal ao Vilalba mentres que o pontevedrés superou ao Estrela Futsal, nos dous casos este mércores pola tarde
O Museo do Castro de Viladonga organiza un obradoiro sobre o téxtil na antigüidade
A xornada desenvolverase en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:30 horas
O Castro FSF pasa o primeiro filtro e clasifícase para oitavos da Copa da Raíña e o Vilalba FS queda eliminado
O conxunto castrexo venceu por 0-4 o Segosala e disputará os oitavos de final o 19 de xaneiro, mentres que as vilalbesas caeron por 1-7 ante o Rodiles FS A
Cruz Vermella achega ao HULA as dificultades que afrontan as persoas tras sufrir un ictus
O persoal do Centro de Parálise Cerebral e Dano Cerebral de Castro Ribeiras de Lea empregou un traxe simulador para concienciar sobre as secuelas deste accidente cerebrovascular
A Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea cotará cun obradoiro de Samaín para nenos e nenas de 3 a 16 anos
A iniciativa desenvolverase o luns 2 en horario de 9.00 a 14.00 horas e incluirá diferentes propostas lúdicas e creativas
A Copa Deputación de Fútbol Sala de Lugo chegará ao seu final este domingo en Sarria
Enfrontaranse os equipos masculinos do FSF Castro-Meigallos e Concello de Begonte B-Luisitalia na masculina, ademais do FSF Castro B-Ribeira FS, na feminina
Castro de Rei reuniu centos de persoas arredor da XV Expodegustación da Galiña de Mos
A cita gastronómica serviu máis de 700 racións dun menú centrado nesta raza autóctona da Terra Chá e reuniu preto de 70 exemplares no concurso comarcal, con participación de doce criadores
Antonio González Álvarez gaña o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can de Terra Chá
O segundo posto foi para Juan Carlos Rodríguez González, con Fofito, mentres que David González Revaldería, con Isa de Volteiro, rematou na terceira posición
O BNG levará ao Congreso iniciativas para defender as razas autóctonas galegas
Olalla Rodil visitou a XV Expo-Degustación da Galiña de Mos, celebrada este domingo en Castro de Rei, e destacou o papel das asociacións locais na conservación desta raza e na dinamización do rural chairego
Eventos
Castro de Rei reunirá tradición, gastronomía e vehículos clásicos este domingo na XV Expodegustación da Galiña de Mos
A xornada celebrarase en San Xiao de Mos e incluirá a XII Exposición e Concurso da Raza Galiña de Mos, degustación, música, xogos populares e unha concentración de coches e motos clásicos
Os equipos femininos do FSF Castro e Grupos Forma-T Vilalba disputarán as semifinais da Copa Galicia Sénior
Ámbolos dous clasificados resolveron os dous encontros con claridade e aseguraron así a súa presenza na seguinte rolda
Amigos da Feria de Castro de Rei celebra un magosto tradicional e acolle unha función de teatro este sábado
A programación comezará ás 20.00 horas coa obra Terra, voz e… acción!, da compañía Métátese Teatro e, a partir das 21.30 horas, o polideportivo reunirá aos participantes nunha nova edición desta festa
Castro de Rei recibe 1,35 millóns de euros para a modernización da potabilizadora de Quintela
Ángeles Vázquez incide en que con esta actuación se blinda o servizo de abastecemento de auga tanto para os fogares, como para o sector gandeiro e industrial do municipio
Os obradoiros contra a desinformación do Colexio de Periodistas chegan a Vilalba e Castro de Rei
A asistencia a ambos os dous actos é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa
O CEIP Veleiro-Docampo acolle este mes obradoiros de educación emocional e autoestima para o alumnado
O programa forma parte das iniciativas de prevención de condutas aditivas impulsadas pola agrupación de concellos, coa colaboración das administracións locais participantes e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
O Castro de Viladonga acollerá un obradoiro interxeracional para explorar novas formas de relatar a memoria
A actividade desenvolverase entre as 10.00 e as 14.00 horas e estará impartida por Adela Vázquez Veiga









