Novas de Rábade
O PSOE de Rábade acusa ao PP de manter a parálise durante os tres anos de goberno
As e os socialistas censuran a “inoperancia e nula capacidade de xestión” dun Goberno municipal que, pese á súa maioría absoluta, non impulsou ningún proxecto de calado para o municipio
Máis de 300 persoas participaron na segunda Concentración Motoclub Rábade Biker’s
A programación repartiuse en dous días cunha primeira saída con parada en Cospeito e unha segunda no Castro de Friol
A escola de música de Baamonde recibe 34.000 euros para mellorar a súa accesibilidade
Este proxecto cultural, que implica tamén aos concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Friol
Rábade acollerá a próxima fin de semana a segunda Concentración Motoclub Rábade Biker's
A programación dará comezo o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións a partir das 9.30 horas. Ás 10.30 horas iniciarase unha excursión con parada no concello de Cospeito
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
Rábade acollerá un ciclo de charlas para achegar a astronomía á veciñanza con motivo da eclipse total de Sol
A primeira sesión celebrarase este venres, ás 20.30 horas, na Casa das Insuas
Rábade quenta motores para a II Concentración Biker’s, que reunirá centos de afeccionados ás motos
A cita celebrarase os días 22 e 23 de agosto con rutas por Cospeito e Friol, exhibicións, concertos e actividades abertas ao público
O PSdeG de Rábade pon en valor o avance da segunda fase das obras na rúa Álvaro Cunqueiro
A Deputación de Lugo financia con 18.783 euros esta nova actuación, que eleva a 32.000 euros o investimento total na vía
A Casa das Insuas organiza unha xornada para descubrir as libélulas da Terra Chá na Reserva da Biosfera Terras do Miño
A actividade celebrarase o sábado 1 de agosto cun percorrido guiado polos ríos e lagoas da contorna e contará con prazas limitadas
Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio para Rábade, Outeiro de Rei e Begonte
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, na que se rexistraron 1.757 tíckets, sorteouse un total de 1.000 euros
O Certame de Pintura Rápida de Rábade reúne a 25 artistas de toda España na súa 18ª edición
José Ángel Rivas, procedente de Xixón, gañou o primeiro premio, dotado con 1.200 euros
Rábade celebra este sábado unha nova edición do Certame de Pintura Rápida
O concurso repartirá máis de 3.500 euros en premios. O primeiro galardón, patrocinado polo Concello de Rábade, estará dotado con 1.200
A CHMS actuará en 18 quilómetros de leitos fluviais de ríos do centro e sur da provincia
Os traballos continuarán nos municipios de Castroverde, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Cospeito, Chantada e Rábade
Rábade celebrará o 11 de xullo unha nova edición do Certame de Pintura Rápida
O concurso repartirá máis de 3.500 euros en premios. O primeiro galardón, patrocinado polo Concello de Rábade, estará dotado con 1.200
A campaña Merca no teu Comercio chega a Rábade, Outeiro de Rei e Begonte
Entre os participantes sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
Rábade clausura o taller de memoria cun acto de entrega de diplomas aos participantes
Coa chegada do outono iniciouse unha nova edición do taller, que se desenvolveu os luns pola tarde no Centro Sociocultural en dúas quendas
Eventos
As piscinas de Rábade abren o mércores
Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrompido
O PSOE acusa á alcaldesa de Rábade de pedir melloras en instalacións "que non permitiu votar no pleno"
Alejandro Martínez critica que “teña a cara” de pedir actuacións no campo de fútbol e no pavillón municipal logo de negarse a debater a proposta socialista na que se solicitaban
A alcaldesa de Rábade demanda máis actuacións á Deputación de Lugo na vila
A rexedora demandoulle á presidenta provincial o arranxo urxente do firme, moi deteriorado pola presenza continua de camións de gran tonelaxe
O PSdeG de Rábade celebra a licitación das obras na rúa Bautista Núñez e destaca a súa mellora da seguridade viaria
A actuación, cun investimento de 68.000 euros da Deputación de Lugo, afectará ao treito urbano da LU-P-5101 e inclúe a rehabilitación do firme e melloras na drenaxe
O grupo de teatro de Rábade estrea a obra 'Aínda será máis' no Centro Sociocultural
A representación terá lugar este venres, 12 de xuño, ás 20:30 horas, nunha cita aberta ao público











