Novas de Outeiro de Rei
A Xunta encargará o proxecto de ampliación do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei
O centro educativo conta actualmente con máis de 340 alumnos e alumnas e sitúase nun contexto de crecemento demográfico positivo
A SD Residencia proclámase campioa do Torneo de Fútbol 11 de Veteranos de Outeiro de Rei
O conxunto lucense completou así un camiño cara ao título no que tamén superou ao equipo local
Regresa a Outeiro de Rei Galicia WordPress Day, que reunirá á comunidade galega
A xornada terá lugar este sábado no Club de Campo e Tiro de Bonxe, cun programa que combina tecnoloxía, intercambio de experiencias e actividades abertas
Outeiro de Rei acollerá o 8 de setembro unha nova edición da Memoria da Chaira Enteira
A programación comezará ás 14.30 horas cun xantar no Río Ladra. Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar un recital nas Penas de Rodas, seguido ás 18.00 horas dun prego no cemiterio
Outeiro de Rei reuniu a decenas de persoas para observar a eclipse total de Sol e as Perseidas
A xornada, celebrada en Casas da Fortaleza e Penas de Rodas, combinou divulgación astronómica, gastronomía local e a observación das coñecidas Bágoas de San Lourenzo
A renovación integral da LU-115 mellorará a conexión entre Outeiro de Rei e Castro Ribeiras de Lea cun investimento de 1,5 millóns de euros
A Xunta inicia as obras de reforzo do firme nos 11 quilómetros da estrada, unha actuación que se executará nun prazo de seis meses
O Orzamento de 2026 de Outeiro de Rei queda aprobado definitivamente tras o rexeitamento das alegacións do BNG
O pleno extraordinario desestimou as reclamacións presentadas pola formación nacionalista e deu luz verde ás contas municipais
Dezasete mozos e mozas participan nunha nova edición do programa Deseñando o teu futuro en Outeiro de Rei
O programa completouse cunha visita ao Polo de Emprendemento de Friol, onde os mozos e mozas coñeceron as instalacións e o labor que desenvolve o persoal técnico
O Campionato Xunta de Galicia de Karting decidirá os campións da tempada en Outeiro de Rei
Os pilotos competirán nas categorías Prerookie, Escola IRT, Rookie Vortex, Rookie IAME, Mini Novel, Mini, Júnior, Sénior, KZ e KZ2
A Deputación renova o apoio ao servizo de asistencia xurídica para persoas internas nos cárceres de Bonxe e Monterroso
A institución provincial achega 12.000 euros ao Colexio da Avogacía de Lugo para garantir o funcionamento do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penal
Fonte dos Ranchos proclámase campión do XIII Maratón de Fútbol Sala de Outeiro de Rei
No que respecta á IV edición da Caquiña da Vaquiña, o afortunado gañador foi Lucas
O XIII Convivio da Cultura Galega reuiniu centos de persoas en Outeiro de Rei
Entre as actuacións destacaron os concertos da cantante Uxía e de varios grupos de música tradicional, que animaron unha foliada que se prolongou durante toda a tarde
A CHMS actuará en 18 quilómetros de leitos fluviais de ríos do centro e sur da provincia
Os traballos continuarán nos municipios de Castroverde, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Cospeito, Chantada e Rábade
25 reclusos de Bonxe participaron nun programa que achegamento ás artes escénicas
O deputado de Promoción Económica e Social asistiu ao último obradoiro de teatro que impartiu a compañía Bengala no centro
Eventos
Outeiro de Rei retoma en xullo o programa Domingos á Praia con saídas semanais
A iniciativa municipal permitirá á veciñanza desfrutar de xornadas de praia todos os domingos entre o 12 de xullo e o 30 de agosto
Outeiro de Rei vivirá unha fin de semana completa coas patronais, a festa dos maiores e a Feira de Artesanía
A programación dará comezo o venres ás 13.30 horas coa celebración dunha misa solemne diante da Capela de Santa Isabel
A campaña Merca no teu Comercio chega a Rábade, Outeiro de Rei e Begonte
Entre os participantes sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
O BNG de Outeiro vota en contra dos orzamentos "por ser un intento de tapar o mal estado das arcas"
Afirma que as contas están terxiversadas "pois leva 20 anos inflando os números ao incluír 1.500.000 € como investimento na urbanización da Palloza sen que nunca investira nin un céntimo"
Taboi celebra desde hoxe as súas festas na honra a San Pedro
A programación arranca cunha churrascada popular gratuíta, prevista para as 22.00 horas
San Xoán de Parada celebrará tres xornadas festivas entre xuño e setembro
Os festexos darán comezo o venres cunha pancetada popular que estará amenizada polo dúo Javi e Carlos
As festas de San Salvador de Castelo promocionarán os produtos de razas autóctonas galegas
A celebración consistirá nunha fogueira para maiores e nenos, xogos populares, música, queimada e outras sorpresas












