Novas de Friol
Abre a inscrición para o servizo de Madrugadores de Friol
Este servizo estará en funcionamento durante todo o curso 2026-2027, dende as 7.45 ata as 9.45, que é cando xa comeza a xornada escolar
Friol remata e reabre os parques infantís Rosalía de Castro e Félix Rodríguez de la Fuente tras ser renovados
Os dous espazos dispoñen de novos equipamentos e zonas de xogo, que xa comezaron a ser utilizados polos nenos e nenas
A Rede Museística presenta o programa didáctico para o primeiro trimestre do curso 2026/27
Acollerá nos dous vindeiros meses o proxecto expositivo '500 Mulleres na Arte' da artista e investigadora Concha Mayordomo
A malla, unha tradición que rexorde
Friol, Pacios, en Begonte, e Castro de Rei celebraron esta fin de semana a súa cita con esta tarefa do agro, sumándose a Meira que o fixo a pasada
O Victoria FC proclámase campión do XIV Trofeo Concello de Friol de fútbol feminino
A tarde aproveitouse para presentar os equipos do club que competirán este ano nas distintas categorías
O PM Friol presenta esta fin de semana os seus equipos femininos no XIV Trofeo Concello de Friol
A entidade deportiva convida á veciñanza a achegarse ao Municipal de A Reigosa para acompañar os equipos femininos durante esta fin de semana de fútbol
Friol vivirá este venres a súa Festa da Xuventude con cea popular e verbena ata a madrugada
O Parque Rosalía de Castro acollerá unha churrascada e pancetada, mentres que a Praza Andón Cebreiro será o escenario da festa musical con Finisterre Project e Euphoria Disco Show
Santa María de Lamas, en Friol, celebra as súas patronais a última fin de semana de agosto
O domingo haberá un tardeo, de 19. 00 a 21. 00 horas, dan man do grupo Jaque
O trío Detrés actuará este sábado en Friol
O espectáculo terá lugar no Parque Rosalía de Castro a partir das 19.00 horas, con entrada libre para todos os públicos
Friol acollerá este sábado a VIII edición do Mercado Segunda Vida no parque Rosalía de Castro
A programación completarase ás 20.00 horas coa proxección, no mesmo parque, do primeiro episodio da serie 'Hope! Estamos a tempo', centrada na crise climática
Os Socialistas de Friol cuestionan a valoración dunha parcela municipal para Lar do Regueiro
Ana Pardo Lorenzo reclama explicacións sobre os 27.000 euros fixados para os preto de 3.000 metros cadrados e sobre a fórmula prevista para a permuta
Friol mellora accesos agrarios con investimentos de case 280.000 euros en Nodar e Silvela
As actuacións forman parte dos proxectos de permutas de especial interese agrario e permitirán acondicionar máis de tres quilómetros de camiños rurais
Unha novela ambientada en Friol esgota todos os exemplares en apenas 20 minutos na Feira do Libro da Coruña
'O verán que volveu Sherezade', de Jordi Cicely, volve espertar un grande interese entre o público lector e podería contar cunha nova sesión de sinaturas tras superar todas as previsións
A Xunta autoriza con condicións a ampliación dunha explotación de vacún de leite en Friol
O proxecto permitirá aumentar a capacidade ata as 382 reses coa construción de novas instalacións, tras superar a avaliación de impacto ambiental simplificada
A Retorta celebrará as festas na honra da Virxe do Carme os días 7, 8 e 9
A programación arrancará o venres 7 cunha churrascada prevista para as 22.00 horas
Friol continúa coa organización dos campamentos de verán e mantén o prazo aberto
Realízase en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas) para os participantes con idades entre os 3 e os 14 anos
A voz dos alcaldes: “Quero que os mozos teñan futuro aquí e que Friol siga a ser un referente na provincia”
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, desenvolve a súa terceira lexislatura sendo un dos alcaldes máis votados de Galicia, xa que a oposición só ten un concelleiro
Eventos
Nodar e Santa Marta, en Friol, celebrarán as súas patronais esta fin de semana
Dúas celebracións que contarán coa música de Eclipse, Elebé 2.0 e D'Caché no primeiro cas de Madeira e Mar Dávila no segundo
Rábade acollerá en agosto a segunda Concentración Motoclub Rábade Biker's
A programación dará comezo o sábado 22 de agosto coa apertura e recollida de inscricións a partir das 9.30 horas. Ás 10.30 horas iniciarase unha excursión con parada no concello de Cospeito
A Rapa das Bestas do Monte de Carballo reúne centos de persoas
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, destacou o valor desta xornada, asegurando que existen tradicións "que non precisan explicacións, senón que hai que vivilas"
Friol acollerá este domingo o espectáculo familiar 'Superharte' no Parque Rosalía de Castro
O espectáculo está concibido para conquistar ao público de todas as idades cun formato dinámico e participativo
A Rapa das Bestas de Carballo, en Friol, celébrase este domingo
É unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega
Miraz celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme e ao Apóstolo Santiago
As celebracións comezarán o venres cunha cea popular a partir das 21.30 horas, na que se servirán liscos e chourizos
O PM Friol FS reestrutura a súa área deportiva e crea un novo proxecto para xogadores veteranos
O club anunciou a incorporación de Gustavo Marqués como novo adestrador do primeiro equipo de cara á tempada 2026/27










