Novas de Monterroso
O PSdeG de Monterroso reclama os documentos que avalan o préstamo de 800.000 euros que o PP levará ao pleno
Rafael García esixe coñecer os proxectos técnicos e os compromisos de financiamento antes de decidir o voto sobre unha operación cun prazo de devolución de 25 anos
Monterroso afonda na xeografía xacobea cunha conferencia sobre lugares santos e reliquias
O historiador da arte Victoriano R. Nodar Fernández impartirá a charla este martes, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade
O BNG de Monterroso celebra que o Concello contrate o Plan Municipal de Igualdade tras rexeitar a súa proposta en 2024
O portavoz nacionalista, Brais Vázquez, lembra que o PP cualificara daquela a iniciativa de "demagóxica" e reclama que o documento inclúa medidas concretas, recursos e participación veciñal
Monterroso, Palas de Rei e Portomarín poñen en marcha un obradoiro de emprego para 20 persoas
O programa, coa colaboración da Xunta de Galicia, permitirá ao alumnado formarse nas especialidades de xardinería e turismo durante nove meses
O BNG reclama medidas urxentes para mellorar a seguridade viaria nos centros educativos de Monterroso
Brais Vázquez critica os problemas de circulación nas horas de entrada e saída do IES e lembra que o Concello non atendeu a proposta presentada polo grupo nacionalista en febreiro
Monterroso celebrará o 16 de outubro a Festa da Terceira Idade
As persoas xubiladas empadroadas no municipio poderán participar de balde nesta xornada de encontro e confraternidade, que terá lugar na Cúpula
O BNG reclama revisar a temporalidade laboral e as bolsas de contratación en Monterroso
A proposta de Brais Vázquez foi rexeitada polo Goberno municipal, malia as advertencias de Intervención sobre a situación do persoal temporal e a necesidade de actualizar a RPT
O PSdeG de Monterroso pedirá no Pleno a reprobación do alcalde pola falta de avances na residencia de maiores
O grupo socialista levará dúas mocións ao vindeiro Pleno: unha para esixir a compra dos terreos e a inclusión do municipio no plan autonómico de residencias, e outra para reclamar un reparto máis equitativo do canon da auga entre os concellos
O Combo Dominicano actuará nas festas de San Miguel de Monterroso 2026
Monterroso aposta por unhas festas que mesturan orquestras, grupos musicais, charangas, DJs, cultura tradicional, deporte e actividades infantís, cunha programación pensada para manter a actividade festiva durante seis días
Monterroso reclamará á distribuidora eléctrica polos reiterados cortes de luz do 9 de setembro
O Concello denuncia interrupcións de varias horas no casco urbano e núcleos rurais e reclama información máis precisa sobre as avarías e os prazos de reposición
A Escola de Música de Monterroso abre a matrícula para o curso 2026-2027
O centro ofrece formación en distintos instrumentos para maiores de 8 anos e actividades colectivas dirixidas desde os 3 anos, con mensualidades de 35 e 30 euros, respectivamente
O Tribunal de Contas traslada á súa Sección de Axuizamento a denuncia sobre a Conta Xeral de Monterroso de 2025
O expediente incorpora cuestións sobre un saldo de 8,56 millóns de euros contabilizado desde 2014 e outras incidencias da contabilidade municipal
Monterroso e Antas de Ulla acollerán a segunda etapa da Volta Galicia BTT
A proba, incluída no calendario UCI de categoría S2 BTT Maratón, terá saída e meta na Cúpula de Monterroso e percorrerá 58 quilómetros con catro portos e 1.400 metros de desnivel positivo
Monterroso mellora o camiño entre Viloide e a estrada de Güimil a Sindín
A actuación, cun investimento de 61.562 euros, permitirá renovar o firme, eliminar os baches e mellorar a sinalización do vial municipal
Eventos
AgrocuiR'26 enche Monterroso de música, cultura e reivindicación na súa undécima edición
O Festival da Ulloa celebra do 20 ao 22 de agosto tres días de actividades cun programa que inclúe concertos, cinema, obradoiros, encontros, propostas familiares e espazos de reflexión sobre o rural
As piscinas municipais de Monterroso cambian de horario desde este luns
As instalacións abrirán polas tardes de luns a venres e ampliarán o horario durante as fins de semana e os días festivos
Máis de 50 persoas migrantes atopan emprego grazas ao programa de acollida de Monterroso
O delegado do Goberno en Galicia visitou o centro de ONG Rescate, que ofrece atención integral a persoas solicitantes de protección internacional e temporal
Falcatrueiros celebra catro décadas do seu Festival Internacional de Danza en Monterroso
O 40 aniversario contará cunha noite previa de concertos con De Vacas e Caamaño&Ameixeiras e cunha xornada de danza con participación internacional
O PSdeG de Monterroso denuncia falta de transparencia no reparto das gafas para observar a eclipse
Os socialistas reclaman explicacións ao Goberno local do PP sobre a distribución das 536 unidades enviadas pola Deputación de Lugo
Un veciño de Monterroso solicita a intervención dos órganos fiscalizadores tras a aprobación da Conta Xeral de 2025
O reclamante presentou escritos ante o Consello de Contas, a Valedora do Pobo e o Tribunal de Contas cuestionando a tramitación do expediente e diversos aspectos contables recollidos nos informes municipais
Monterroso inicia os trámites para ceder unha parcela municipal ao IGVS para a construción de vivenda protexida
O pleno ordinario debaterá a incorporación do solar ao programa autonómico de oferta de solo destinado á promoción de vivendas de protección pública









