Novas de Castroverde
Castroverde ofrecerá unha charla gratuíta de primeiros auxilios e uso do DEA aberta a toda a veciñanza
A actividade celebrarase o xoves 26 de novembro, ás 18:00 horas, no Local Social Paco Pestana e incluirá prácticas de reanimación cardiopulmonar, manobras ante atragoamentos e utilización dun desfibrilador
Castroverde ofrecerá este domingo unha degustación gratuíta de produtos locais con demostración culinaria en directo
A actividade, organizada polo GDR Comarca de Lugo, contará coa participación do cociñeiro Álex Iglesias e do apicultor Manuel Pérez Fernández
Nace Cabaleiros Castroverde, unha nova asociación que organizará a súa primeira ruta cabalar en 2027
O colectivo, formado por veciños e afeccionados aos cabalos, busca recuperar e poñer en valor a cultura ecuestre do municipio
Amigos do Patrimonio de Castroverde organizan unha visita aos museos de A Capela
A actividade celebrarase o sábado 14 de novembro e incluirá unha saída desde a praza de Castroverde, unha xornada nos museos e un percorrido por outros puntos da contorna se hai tempo
Castroverde proxectará a curtametraxe 'Mudanza', unha historia sobre o cancro e a súa aceptación
A sesión celebrarase o domingo 8 de novembro no Centro Sociocultural Paco Pestana, con entrada gratuíta, e ofrecerá un espazo para reflexionar sobre o impacto emocional da enfermidade
O BNG de Lugo leva a Bruxelas as demandas dos concellos rurais
A alcaldesa de Samos, Chus López, encabezou unha delegación municipal que trasladou á eurodeputada Ana Miranda as necesidades do rural lucense en materia de vivenda, transporte, servizos públicos e financiamento europeo
O Festivaliño On The Road achegará o cine infantil ao alumnado de Castroverde
A caravana itinerante de curtametraxes visitará o CPI Plurilingüe o luns, 5 de outubro, cunha programación adaptada aos escolares de Infantil e Primaria
O BNG de Castroverde critica o gasto nas escolas deportivas e pide explicacións sobre a súa posta en marcha
A voceira nacionalista, Iria Castro, considera que “o custo de calquera actividade deportiva das ofertadas supera os 120 euros/hora e iso é moi elevado para este tipo de actividades"
Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Castroverde do curso 2026/2027
A oferta inclúe actividades deportivas para nenos e nenas de 3 a 16 anos e para persoas adultas, con descontos para familias con varios fillos
Chousa impónse na primeira xornada da liga de billarda do NorLeste en Castroverde
O IX Aberto das Noces reuniu 71 palanadores no campo Veiga do Olmo no inicio da tempada 2026-2027
Amigos do Patrimonio de Castroverde participa na 48ª Romaxe de Crentes Galegos en Allariz
Representantes da asociación desprazáronse este sábado ata Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz, para asistir ao tradicional encontro
O Concello de Castroverde paraliza as obras dunha granxa tras as denuncias de ADEGA
A organización ecoloxista alertara dos movementos de terras e recheos que estaban afectando unha zona húmida en Cellán de Mosteiro
Castroverde amplía o parque infantil do CPI Plurilingüe con novos xogos
O Concello investiu preto de 12.500 euros na instalación dun xogo de trepa e unha locomotora para renovar e ampliar o espazo de lecer
Eventos
Castroverde retoma os programas de conciliación "Madrugadores" e "Tardes no cole" co inicio do curso escolar
Os servizos están dirixidos ao alumnado do CPI Plurilingüe de Castroverde e buscan facilitar a organización das familias durante a xornada laboral
ADEGA denuncia o recheo dunha zona húmida en Cellán de Mosteiro, en Castroverde
A asociación ecoloxista pide paralizar os traballos, investigar as actuacións realizadas e restaurar os terreos ao seu estado anterior
Castroverde reúne centos de persoas na súa Feira de Artesanía e Gastronomía
A cita congregou preto de 50 expositores con produtos artesáns, demostracións de oficios tradicionais e propostas gastronómicas, nunha xornada de dinamización cultural e económica
Castroverde rendeu homenaxe a Manuel Lence Fernández cunha placa conmemorativa en Miranda
O acto reuniu a familiares, veciñanza e representantes institucionais para lembrar o legado do empresario e filántropo, impulsor da educación na parroquia
As piscinas municipais de Castroverde reabren tras recibir resultados favorables das analíticas
O Concello informa de que as instalacións volven estar operativas desde este 12 de agosto tras completar os tratamentos e controis sanitarios necesarios
Castroverde renderá homenaxe a Manuel Lence Fernández na parroquia de Miranda
O acto celebrarase o 13 de agosto xunto ao colexio da localidade para recoñecer a traxectoria do empresario e filántropo nacido na parroquia
Castroverde reunirá artesanía, gastronomía e vehículos clásicos o 16 de agosto na súa feira anual
A décimo novena edición do evento contará con demostracións de oficios tradicionais, espectáculos, música, actividades familiares e a XII Concentración de Vehículos Clásicos










