Novas de Navia de Suarna
Navia de Suarna mellorará dous treitos das estradas provinciais con 302.000 euros
A Deputación de Lugo licita por 302.837,88 euros unhas obras que actuarán sobre as estradas LU-P-3503 e LU-P-3505, con traballos de drenaxe, renovación do firme e mellora da sinalización
Itaca Teatro levará a súa última obra a Navia de Suarna e Meira esta fin de semana
A primeira actuación terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural meirense e o domingo chegará á montaña, cunha función ás 19:00 horas na Praza do Concello
A montaña lucense volve mobilizarse para reclamar unha atención sanitaria estable no rural
Veciños de diferentes concellos concentráronse ante o edificio da Xunta en Lugo para denunciar a falta de persoal, o peche de consultorios e as dificultades para acceder á atención primaria
O festival Soa Suarna converterá Navia de Suarna nun referente da música e a cultura galega o 22 de agosto
O evento reunirá concertos, mercado de artesanía, xogos tradicionais e actividades para todos os públicos nunha intensa xornada no corazón dos Ancares
Coordinan o dispositivo de seguridade para a sexta Ancares Cycling Marathon
A proba celebrarase o 9 de agosto con dous percorridos renovados polos municipios de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes
A Deputación inicia o aglomerado en dous novos treitos da estrada entre A Fonsagrada e Navia de Suarna
A actuación, cun investimento de 225.786 euros, obriga ao corte temporal da LU-P-1901 mentres se executan os traballos de mellora do firme
Antía Muiño e De Ninghures encabezarán o cartel da segunda edición do SoaSuarna en Navia de Suarna
O festival, que se celebrará o 22 de agosto, reunirá música en directo, artesanía, produto local, obradoiros, xogos tradicionais e unha zona de acampada para reivindicar a cultura no rural
A Deputación inicia o asfaltado da LU-P-3506 en Navia de Suarna dentro da súa rehabilitación integral
A actuación, cun investimento de 325.000 euros, renovará máis de catro quilómetros da estrada que une Louxas co límite provincial de Asturias
O SoaSuarna suma novas incorporacións ao cartel da súa segunda edición
De Ninghures e Futuro Alcalde únense a Kid Mount no festival, que se celebrará o 22 de agosto en Navia de Suarna con entrada gratuíta
Entregados os premios do comercio na comarca da Fonsagrada
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
Kid Mount é o primeiro artista confirmado para o II Festival Soa Suarna
O evento, que se celebrará o 22 de agosto en Navia de Suarna, combinará tradición e novas propostas culturais na montaña lucense
Navia de Suarna acollerá un obradoiro gratuíto de astronomía na aldea de Cerredo
A actividade, dirixida polo astrónomo Antón Bouzas, desenvolverase na noite do 5 de xuño e está aberta ao público de balde
A VI Ruta Castrexa de Mototurismo percorrerá 12 concellos lucenses o 13 de xuño
A iniciativa, incluída no Campionato Galego de Mototurismo, combinará deporte e promoción do patrimonio nun percorrido de 450 quilómetros
O Correlingua reunirá en Lugo a centos de estudantes da provincia nunha nova defensa festiva do galego
Na cita da capital participarán quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
Navia de Suarna acollerá o VI Recital Poético-Musical “S.O.S. Castelo de Navia” o 30 de maio
A Irmandade Naviega organiza unha nova edición do encontro cultural con máis de quince poetas e actuación musical do Dúo Minguante
Eventos
A campaña “Merca no teu comercio” arranca este venres en 6 municipios lucenses
As iniciativas, que terán lugar, por un lado, en Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil e, por outra banda, na Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz, desenvolveranse até o 30 de maio
Navia de Suarna acollerá unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol de 2026
A cita, incluída no programa “Galicia, porta da entrada da eclipse - DTS Ancares Lucenses”, celebrarase o 14 de maio no salón de plenos do Concello con entrada gratuíta
Poñen en valor os hórreos de Navia de Suarna tras a súa declaración como patrimonio inmaterial
A subdelegada do Goberno en Lugo destaca o papel destas construcións como símbolo identitario e visita dous exemplos destacados da comarca dos Ancares
A Xunta inviste máis de 296.000 euros na rehabilitación do CPI de Navia de Suarna
As obras melloran a eficiencia enerxética e modernizan varias dependencias do centro educativo no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Celebrada unha xunta de seguridade na Montaña para preparar o operativo da eclipse do 12 de agosto
Administracións e forzas de seguridade coordinan medidas para garantir a mobilidade e a seguridade ante a previsión de alta afluencia de visitantes
O festival SoaSuarna volverá o 22 de agosto coa súa segunda edición en Navia de Suarna
A Asociación Xuventude do Navia avanza novidades tras o éxito do primeiro ano e aposta por levar cultura de calidade ao rural dos Ancares
O novo nomenclátor de Galicia cambia o nome de tres concellos da provincia e engade novas parroquias
Os que cambian en Lugo son Alfoz de Castrodouro, A Ribeira de Piquín e Pastoriza e os que se engaden son Santo Estevo e Teixeira, en Baralla, e Sevane, en Navia de Suarna









