Novas de Pedrafita
Pedrafita e Monforte acollen obradoiros gratuítos para aprender a detectar noticias falsas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizará dúas sesións esta semana para ofrecer ferramentas contra a desinformación, con actividades abertas ao público os días 21 e 22 de outubro
O programa 'Lugo de corazón a corazón' achegará a prevención cardiovascular a 16 concellos da provincia
A Deputación achega 8.217,50 euros a ACARLU para organizar sesións sobre prevención, hábitos saudables, primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar desde este mes ata a primavera
As xovencas de Acruga alcanzan un prezo medio de 3.820 euros na poxa celebrada en Pedrafita
Besteiro acusa a Rueda de privatizar a atención aos maiores: “Catro de cada dez prazas acaban en mans privadas”
Pedrafita do Cebreiro celebra o 20 de setembro o seu XXXV Certame-Exposición de Gando Vacún
A cita gandeira contará cunha subasta de xovencas de raza Rubia Galega, exposición de animais, premios e animación musical
A montaña lucense volve mobilizarse para reclamar unha atención sanitaria estable no rural
Veciños de diferentes concellos concentráronse ante o edificio da Xunta en Lugo para denunciar a falta de persoal, o peche de consultorios e as dificultades para acceder á atención primaria
O Cebreiro homenaxeará a Ramón Cabanillas no centenario de 'Na noite estrelecida'
A igrexa da localidade acollerá o 8 de agosto un acto literario con relatorios e unha lectura colectiva da obra do poeta cambadés
Coordinan o dispositivo de seguridade para a sexta Ancares Cycling Marathon
A proba celebrarase o 9 de agosto con dous percorridos renovados polos municipios de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes
Rematan as obras de modernización dos túneles do porto de Pedrafita e de Montefurado
As actuacións melloran a seguridade en nove túneles da A-6 e da N-120, incorporando novos sistemas de ventilación, emerxencia, videovixilancia e control do tráfico
A Deputación aproba 137.000 euros para mellorar infraestruturas municipais en Pedrafita do Cebreiro
O convenio permitirá renovar a cuberta do centro de saúde, mellorar unha nave de usos múltiples e reforzar a identidade visual do municipio
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
Ane Santesteban levará o dorsal 1 na VI edición do Ancares Cycling Marathon
O vicepresidente da Deputacion de Lugo, Efrén Castro, presentou a proba no Pazo de San Marcos onde valorou as novidades do percorrido
Eloína Ingerto toma posesión como nova directora de promoción da Igualdade
Naceu en Pedrafita do Cebreiro no 1976, é graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu gran parte da súa carreira nos servizos sociais comunitarios
A rede viaria autonómica de Lugo afronta novas obras de mellora do pavimento
O investimento supera os 3,6 millóns de euros e permitirá mellorar o firme e a seguridade viaria en vías que atravesan dez concellos lucenses
A VI Ruta Castrexa de Mototurismo percorrerá 12 concellos lucenses o 13 de xuño
A iniciativa, incluída no Campionato Galego de Mototurismo, combinará deporte e promoción do patrimonio nun percorrido de 450 quilómetros
Eventos
Transportes renovará o firme do túnel de Pedrafita e cortará un tramo da A-6 sentido Madrid
Os traballos forman parte das actuacións de modernización dos túneles do Porto de Pedrafita, cun investimento global de 24,7 millóns de euros
A Xunta licita obras de reforzo do firme en tres estradas da Montaña e do sur da provincia de Lugo
Os traballos, cun investimento de máis de 3,6 millóns de euros, actuarán en 63,7 quilómetros de dez concellos
Celebrada unha xunta de seguridade na Montaña para preparar o operativo da eclipse do 12 de agosto
Administracións e forzas de seguridade coordinan medidas para garantir a mobilidade e a seguridade ante a previsión de alta afluencia de visitantes
A Deputación asinou convenios cos nove concellos con residencias de maiores polos que asume o custo dos centros
Carmela López recibiu no Pazo de San Marcos aos rexedores de Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada
O Cebreiro celebrará o 3 de abril a XXXVIII Feira do Queixo cun amplo programa festivo
A cita, declarada de interese turístico de Galicia, contará con pasarrúas, baile rexional e pregón institucional na súa nova edición
A Mancomunidade do Camiño Francés reivindica en Arzúa o seu valor como arteria cultural de Europa
O eurodiputado socialista Nicolás González Casares reivindica o valor europeo do Camiño e advirte sobre a protección da paisaxe nos últimos quilómetros da ruta
José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita: “A veciñanza ve en min a un bo alcalde e unha boa persoa”
Con 40 anos de dedicación exclusiva ao Concello de Pedrafita, José Luis Raposo segue erguéndose cada día ás 07:00 horas para revisar que todo estea ben no parque de maquinaria municipal










