LugoXa
Friol volverá acoller este ano a cuarta proba da Transgalaica de MTB
Os participantes desta proba ciclista de montaña poderán gozar desde primeira hora da mañá dunha competición que se desenvolverá nun circuíto de preto de 70 quilómetros
Rábade acolle unha charla sobre o dano cerebral adquirido
Será o mércores 13 ás 11.000 no centro sociocultural rabadense
Os Xílgaros de Lugo xa teñen todo a punto para a Foliada do Magosto deste sábado
Desde a Asociación esperan unha gran acollida, xa que o ano pasado conseguiron xuntar a 350 persoas
O grupo Porta Aberta representará 'A morte... é punto!' en Lugo este sábado
Esta é a última das obras da edición 2024 do Circuíto de Teatro promovido por FEGATEA que poderá verse no Escenario Hipócrita
O xefe da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo, Gerardo Pallares, recibiu a Medalla ao Mérito Colexial
Foi o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen lle entregou a medalla en recoñecemento do seu traballo
Comeza o XXXIV Festival de Jazz de Lugo
Os diferentes concertos desenvolveranse en tres escenarios: o Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo e a Casa do Saber
Maite Ferreiro sostivo que "os centros educativos de Lugo disporán de infraestruturas seguras e en bo estado"
Os populares amosan a súa sorpresa ante o anuncio de que o Concello destinará 100.000 euros a traballos de conservación en centros educativos da cidade
Rematan as obras no centro de sáude de Rábade
As actuacións, que deron comezo no verán, incluíron a instalación dunha nova cortina vexetal e cortinas interiores
As mulleres rurais de Pol celebrarán un baile os primeiros venres de cada mes
Estes teñen lugar na caseta da Carballeira, en Mosteiro, de 17.00 a 18.00 horas
FUNGATRA presentou en Lugo as actividades e proxectos que ten previsto desenvolver no 2025
Deste xeito, promoven a análise e mellora continuada das políticas de formación e facilitan asesoramento técnico para o seu desenvolvemento
O Club Deportivo Lugo conseguiu recadar máis de 7.000 euros para os afectados de Valencia
Desde o Club agradecen a todas as persoas que puxeron o seu graniño de area para levar alimentos ás persoas afectadas pola DINA e prepáranse xa para o vindeiro partido
O PP de Lugo reclama o arranxo da rúa Fonmiñá en Burozos, no barrio do Sagrado Corazón
Os populares din que o seu estado é "de total abandono"
A segunda edición do Túnel do Viño da Deputación de Lugo desenvolverase o 15 de novembro
García Porto sinalou que a institución provincial pon en marcha este evento da man de Paadín, “todo un referente no mundo vitivinícola para dar visibilidade e poñer en valor o viño"
O PP de Lugo reclama intervencións básicas de seguridade vial e de mantemento no barrio da Fervedoira
Esta vía é de titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo alcalde de Lugo e a ministra de Fomento Magdalena Álvarez
Migallas leva á casa museo Manuel María o seu espectáculo 'Cantaxoga'
Música en galego dirixida para nenas e nenos entre 3 e 10 anos, a través de distintos estilos musicais
O CPI Plurilingue de Castroverde acolleu un dos obradoiros do programa 'A vangarda está na aldea'
O programa, impulsado desde as áreas de Rural e de Cultura, inclúe vinte obradoiros, que se desenvolverán ata final de ano
O Goberno local de Lugo propón un novo servizo para manter a rede de abastecemento e saneamento de auga
"Este importante investimento reforza o noso compromiso coa cidadanía para asegurar un sistema de abastecemento e saneamento eficiente e ben mantido"
Friol acollerá un curso sobre acoso escolar e ciberacoso
Esta iniciativa busca dotar aos participantes de ferramentas e coñecementos necesarios para recoñecer e actuar fronte estas situacións
O Goberno local de Lugo analiza como mellorar a zona norte da cidade a través de fondos europeos
Para optar a estas axudas, dende o Concello estase a traballar na elaboración dun Plan de Actuación Integrado (PAI) a partir do Plan de Acción da Axenda Urbana ‘Lugo, Cidade Viva’ 2030
A Sociedade Micolóxica Lucus organiza a XXII Exposición de Cogomelos
Na exposición expoñeranse multitude de especies representativas dos ricos hábitats de Lugo
O Concello de Baralla pon en marcha un concurso fotográfico
As persoas interesadas en enviar as súas imaxes para formar parte deste calendario poderán facelo ata o 24 de novembro
A sala Pepa Arte de Lugo acolle a exposición 'Caja de Pandora'
O gravador e ilustrador Mariano Castillo volve presentar os seus traballos en Galicia





