LugoXa
Lugo programa actividades para axudar aos maiores a desconectar da covid
O Concello pon en marcha un programa co fin de ofrecerlles aos maiores alternativas saudables e de ocio en espazos abertos e ao aire libre.
TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
UU.AA. reclama a intervención pública para frear "os abusos" das lácteas
UU.AA. denuncia prezos abusivos por parte das industrias lácteas e que o baixo prezo do leite non compensa a subida de costes.
Entrevista. "A Festa da Troita sempre ateigaba Navia de Suarna de xente"
A Sociedade de Pesca Río Navia organiza este festexo, que houbo que suspender por segundo ano consecutivo. Falamos co seu presidente, José García.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Inspeccionan viadutos en estradas da comarca
A Xunta vén de levar a cabo unha campaña de inspección de 18 pontes e viadutos correspondentes a seis estradas da rede autonómica.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A provincia comeza o mes de abril estabilizando o virus
Outeiro de Rei estrea un programa de actividades de promoción da muller
Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei organiza actividades de promoción da muller que se desenvolverán en formato on line.
Castro de Rei recolleu 162,72 toneladas de plásticos agrícolas
O servizo de recollida de plásticos agrícolas en Castro de Rei no primeiro trimestre de 2021 tivo un custe de 12.000 euros.
LugoXa
Montes e Vales fará un estudo para determinar o custo de recuperar as pallozas
Este é un dos proxectos que a asociación prevé desenvolver na convocatoria 2021-2022, e aos que destinarán unha cantidade total de 760.000 euros.
Educación investirá 1,5 millóns nos institutos Lucus Augusti e Ollos Grandes
O conselleiro salientou que as obras se desenvolverán seguindo os parámetros establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
TerraChaXa | LugoXa
Rábade entra o venres en estado de alerta alta
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación aproba en Pleno a distribución de fondos do Plan Único
A Deputación de Lugo aprobou en Pleno a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos propuxeron para executar co Plan Único 2021.
Mensaxes en espazos públicos para animar á mocidade a respectar as medidas fronte á covid en Lugo
A área de Xuventude do Concello puxo en marcha esta campaña colocando vinilos no van das escaleiras do fondo da Praza Maior.
Antas de Ulla aproba un orzamento de 2,5 millóns de euros
O pleno aprobou as contas só cos votos a favor do equipo de goberno, do PP. Reservan 120.000 euros para a rehabilitación do polideportivo municipal.
Remata a concentración parcelaria en San Xiao de Mos, Castro
Deuse hoxe por rematada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro, coa entrega dos 435 títulos de propiedade a 262 veciños.
O PP da Fonsagrada alerta do "perigo medioambiental" que supón a nova depuradora
Aseguran que o “mal funcionamento” da instalación está a provocar que augas residuais “teoricamente limpas” desemboquen en fincas de particulares.
TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Ecoloxistas acusan á Xunta de poñer trabas ao autoabastecemento enerxético
Ecoloxistas en Acción acusa á Consellería de Economía, Empresa e Innovación de establecer novas trabas ao autoabastecemento enerxético.
A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, contra o despoboamento do rural
Apoian os actos da plataforma ‘España Vaciada’ que reclaman que o 31 de marzo sexa declarado ‘Día Europeo contra o despoboamento’.
A Xunta entrega mañá os títulos da parcelaria de San Xiao de Mos
A Xunta de Galicia entregará mañá os títulos da concentración parcelaria de San Xiao de Mos, nun acto na antiga escola da parroquia.
O pavillón do CPI López Suárez de Friol estrea cuberta
A Xunta de Galicia vén de acometer as obras de substitución da cuberta e mellora das instalacións no CPI López Suárez de Friol.
Gatos Roxos denuncia o estado intransitable de dúas rúas do barrio das Gándaras
O colectivo insta ao Concello a actuar nas rúas da Rola e Papo Rubio, ante as numerosas fochancas que presentan os dous viais
Chega a Lugo a mostra itinerante sobre a infancia de Xela Arias
A exposición, que contén fotografías familiares da poeta na súa época sarriá, pode verse na Biblioteca Provincial ata o vindeiro mércores 31 de marzo.
RibeiraSacraXa | LugoXa
O PP pide explicacións no Senado do estado da alta velocidade a Lugo
Solicitan a comparecencia da presidenta de Adif e do ministro de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana para que den conta das variantes proxectadas.
Clausurado en Outeiro o obradoiro de emprego conxunto de oito concellos
Clausurado o Programa de Emprego promovido por Outeiro de Rei, Rábade, Friol, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo.
A Federación de Veciños de Lugo busca o apoio institucional á fronte da Cogave
O colectivo veciñal lucense, que asumirá a presidencia da Cogave os dous vindeiros anos, ven de reunirse coa diretora xeral de Administración Local.



