LugoXa
GaliciaXa
José Tomé Roca dimite como presidente da Deputación de Lugo pero mantén a Alcaldía de Monforte
"Foron 40 anos de afiliación, con responsabilidades e formando parte esencial da miña vida", afirmou nunha rolda de prensa ante os medios de comunicación na que defendeu a súa inocencia
GaliciaXa
O PSdeG reafirma a súa política de “tolerancia cero” coas vítimas de violencia machista e aseguran que “confían na investigación”
A executiva galega pronúnciase tras a dimisión de José Tomé, acusado de presunto acoso sexual, e asegura que as denuncias “xa están a ser investigadas con todas as consecuencias”
O BNG provincial ameaza: "Se Tomé non dimite, abandonaremos o Goberno da Deputación de Lugo"
Os nacionalistas demandan que o Partido Socialista actúe de inmediato, apartando a José Tomé das súas funcións políticas e investigando as denuncias “ata o último extremo”
EnRedando co Galego clausura a súa edición de 2025 coa participación de 400 estudantes de Lugo
O programa fomenta o uso do galego entre a mocidade a través de actividades literarias, artísticas e musicais
Javier Arias felicita ao rabadense Javo Orejas por conseguir os sete Majors
O deportista completou en agosto a maratón de Sidney, pero xa tiña outras seis probas clásicas, que se disputan en Tokio, Boston, Londres, Berlín, Nova York e Chicago
GaliciaXa
Rueda anuncia un novo plan para impulsar no rural a rehabilitación de vivendas e adaptar locais como fogares
As axudas poden chegar aos 30.000 euros por inmoble e deberán destinarse a uso habitual ou alugueiro durante cinco anos
A Xunta licita a ampliación do Instituto Muralla Romana cun investimento de preto de 1,6 millóns de euros
O proxecto engadirá case 900 metros cadrados ao centro para atender o aumento de alumnado e a implantación de novos ciclos de FP
Castro de Rei presenta a súa programación de Nadal 2025 con obradoiros e excursións
Todas as propostas requiren inscrición previa
Rábade acolle a presentación de 'Pequena vida salvaxe', o primeiro libro de poesía de Roberto X. Hermida
A obra foi galardoada co XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
A Xove Orquestra Terra Nova de Lugo celebra o seu terceiro aniversario cun concerto de Nadal
O evento terá lugar o 21 de decembro no Novo Auditorio Municipal e incluirá obras de Rimski-Kórsakov e Tchaikovsky
Unha unidade móbil xa mide a calidade do aire en Nadela
A Xunta inicia unha recollida de datos de 40 días para avaliar a necesidade dunha segunda estación fixa, ante a preocupación das familias
Sandra Piñeiro e Luis Villares, nomeados Embaixadores de #LugoNaturalMente
O proxecto ambiental e de sustentabilidade da UNED de Lugo incorpora a dous destacados maxistrados comprometidos con valores de xustiza, educación e igualdade
Lugo Monumental critica a continuidade do valado na contorna da Catedral
A asociación reclama á Xunta a súa retirada inmediata e destaca o éxito das visitas guiadas programadas pola SECAL
A AELG organiza un obradoiro literario no Vello Cárcere
A actividade, promovida pola Escola de Escritoras-es da AELG coa Deputación de Lugo e o Concello, ofrecerá sesións de narrativa oral e creación literaria
Os arqueiros da Escola Lucense protagonizan dúas competicións moi axustadas na Laracha e As Pontes
O club asinou varios cuartos postos e logrou bos resultados no Trofeo Concello da Laracha e no Torneo Concello das Pontes en formato Las Vegas
A Rede de Custodia Agraria programa tres xornadas divulgativas en granxas de Friol
As sesións completaranse cunha degustación final de produtos locais
O PP reclama a reparación inmediata da marquesiña de Magoi
Os populares alertan do risco que supón a estrutura danada nunha zona moi transitada e acusan ao goberno local de desatención prolongada
O CD Castro celebra a cea de Nadal o día 20 deste mes
A sesión contará coa música dun DJ e festa ate a madrugada ademais de varias sorpresas
Baralla presenta a súa programación de Nadal con actividades para todas as idades
O Concello anuncia un festival escolar, a chegada de Papá Noel e a tradicional cabalgata de Reis
Uxía Folgueira pecha a tempada internacional cunha posición destacada na categoría U14
A deportista da Escola Deportiva Shihan culmina a Youth League de Venecia cun ouro en Kata e un novo top-5 en Kumite
Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha visita cultural e un encontro social en Lugo
A asociación celebrará unha visita á exposición de Paco Pestana no Vello Cárcere
O Concello de Lugo talará dous tilos en Ramón Ferreiro tras detectarse un risco elevado de caída
Un informe técnico conclúe que as árbores presentan danos estruturais graves e deberán ser substituídas conforme ao plan municipal de arborado




