Novas de Baleira
O BNG de Baleira critica a subida do imposto de construcións do 2 % ao 4 %
A formación pide ao alcalde que rectifique a medida e busque outras vías de financiamento municipal
O PSdeG acusa ao PP de Baleira de duplicar o ICIO ata o máximo legal e frear a actividade económica
Os socialistas alertan de que a modificación da ordenanza penaliza a rehabilitación de vivendas e frea a actividade económica no municipio
O PSdeG de Baleira levará ao pleno dúas mocións
As iniciativas céntranse na protección do alumnado fronte á choiva e no impacto do acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur na gandería lucense
O PSOE denuncia novos días sen médico no centro de saúde de Baleira
Os socialistas alertan de que a vindeira semana haberá xornadas sen atención sanitaria e esixen á Xunta unha solución inmediata e estable
A Deputación despexa a neve das estradas nunha xornada que empeorará pola tarde
O dispositivo despregado pola institución provincial conta esta fin de semana cun total de 16 máquinas, 8 vehículos de apoio e 48 operarios que esta mañá centraron os seus esforzos nos municipios da provincia con cotas máis altas
O PSOE de Baleira critica a inacción do alcalde ante problemas de servizos e infraestruturas
O grupo socialista denuncia a falta de planificación e respostas concretas no pleno ordinario, desde prazas de persoal ata camiños, auga e alumeado de Nadal
Baleira contará cunha nova parcelaria en Retizós para mellorar a rendibilidade agraria
O proceso, impulsado polos veciños e cun orzamento de 1,75 millóns de euros, abranguerá 775 hectáreas e beneficiará 178 titulares
Baleira acollerá o IV Concurso Comarcal de Meles en outubro
O certame premiará a mellor mel da montaña lucense, con recepción de mostras ata o 10 de outubro na sede do GDR
O PSdeG de Baleira logra o respaldo do Pleno para esixir melloras na sanidade
Os socialistas impulsan unha iniciativa para garantir atención médica continua e reclaman solucións urxentes en auga, alumeado, telecomunicacións e infraestruturas
O PSdeG denuncia en Baleira a falta de medidas ante os graves problemas de abastecemento de auga
Os socialistas reclaman solucións urxentes tras semanas de cortes intermitentes e baixa presión que afectan ás tarefas cotiás das familias
O PSdeG de Baleira critica a inacción do goberno local ante os problemas de sinal da TDT
Os socialistas contactaron coa empresa responsable para buscar unha solución mentres acusan ao PP de desatender un servizo básico
Reclaman máis prevención e responsabilidade na loita contra os incendios forestais
As entidades amosan a súa solidariedade cos afectados e critican a precariedade dos medios de extinción, reclamando unha planificación a longo prazo
Baleira acolle o evento 'A través do Eo' con música, gastronomía e actividades para toda a familia
Unha xornada festiva con música da Louband, degustación gratuíta e actividades infantís na praza municipal de Baleira
O Cádavo celebra o 50 aniversario das Festas de San Cristovo cunha programación variada e verbena
Os días 11 e 12 de agosto, a localidade de Baleira vivirá dous días de celebración con pregón, música, misa, procesión e actividades infantís
A nova relación de postos de traballo do Concello de Baleira sae adiante co apoio de CSIF
A central sindical salienta que as achegas da súa delegada foron claves para aprobar a RPT nunha mesa de negociación que contou coa colaboración do goberno local
O BNG de Baleira critica o abandono do Cádavo e esixe un plan de mellora integral
A formación nacionalista denuncia deficiencias en seguridade viaria, accesibilidade e iluminación no núcleo da capital municipal, situada no Camiño Primitivo
O PSdeG denuncia a ausencia de atención médica en Baleira durante dous días
O centro de saúde permanecerá pechado o 30 de xuño e o 1 de xullo, obrigando á veciñanza a desprazarse ao PAC do Corgo
As piscinas municipais de Baleira abren do 1 de xullo ao 31 de agosto con entrada gratuíta
O recinto permanecerá operativo todos os días entre as 12:00 e as 20:00 horas durante o verán
A Deputación adxudica obras por valor de 900.000 euros en seis concellos da provincia
Actuarán en Baleira, O Vicedo, Vilalba, Xermade, Portomarín e Guntín
O Concello de Baleira celebra a sétima edición do seu popular Concurso de Tapas
O evento terá lugar entre as 20.00 e as 00.00 horas, e contará coa participación de catro locais da zona



