Lugo
Catro empresas optan a xestionar a Casa das Linguas municipal
Catro empresas optan a xestionar este ano as Casas das Linguas municipais, avanzando na renovación do contrato.
Amplían a beirarrúa fronte ao Vello Cárcere
A beirarrúa fronte ao Vello Cárcere gaña anchura. Esta ampliación foi posible grazas ao acordo de Infraestructuras e Cultura no Concello.
O que queda de verán chega a Lugo nunha nova edición
Presentada unha nova edición de O que queda de verán, que este ano contará con catro espectáculos nas tardes dos mércores.
Lugo realiza unha homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo
Maite Ferreiro anunciou que o concello de Lugo realizará este 17 de agosto unha homenaxe a todas as persoas represaliadas polo franquismo.
O CD Lugo consegue un punto no primeiro partido de liga
O CD Lugo logra empatar a dous e sacar un punto nun partido no que dominou o Real Oviedo no Carlos Tartiere.
Continúan os concertos do programa Muralleando en Lugo
Continúa a programación de Muralleando 2021, esta vez, coa actuación de Iria Estévez o vindeiro venres 20 de agosto.
O PP denuncia que o barrio da residencia segue sen unha solución ao proxecto do carril bici
Antonio Ameijide sinala que o goberno local non deu ningunha solución alternativa ao proxecto do carril bici no barrio da Residencia.
O documental Dores proxectarase o luns no Vello Cárcere
Coincidindo coa véspera do Día da Galiza Mártir, organizarase o luns, 16 de agosto, unha proxección-coloquio arredor do documental Dores.
Comeza o proceso de licitación da pasarela do centro de saúde de San Roque
Rubén Arroxo anunciou a aprobación do inicio do proceso de licitación para construír a pasarela do centro de saúde de San Roque, en Fontiñas.
O Club Biosbardo logra bos resultados no III Trail Asaltamontes
Celebrouse o III Trail Asaltamontes - Xunqueira de Ambía onde Iván Sangiao firmou o mellor resultado do Club Deportivo Biosbardo.
Rubén Arroxo destaca as actuacións para reducir o impacto ambiental na cidade
Rubén Arroxo destacou as accións realizadas pola área de Mobilidade e Infraestruturas desde o ano 2019 para reducir o impacto ambiental.
A Deputación impulsa o máster Dirección de Persoas Paulo Fabio con 12.000 euros
A Deputación de Lugo renova o acordo coa Fundación Campus Universitario de Lugo a través do que a institución provincial achega 12.000 euros.
O barrio do Carme acolle unha serie de actos
O barrio do Carme acollerá unha programación de actos con motivo da finalización das obras de mellora do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX.
A lucense Ana Cernadas destaca no Campionato de natación de España de verán
Ana Cernadas, a nadadora lucense do Club Fluvial de Lugo, triunfou no XLII Campeonato de España junior de verán.
O Lugo recupera boas sensacións
O CD Lugo retoma a senda da vitoria despois de gañar esta fin de semana antes o Sporting no campo de Viveiro.
As Gándaras acolle hoxe un obradoiro
O primeiro obradoiro sobre valores medioambientais, As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco organizado polo Concello de Lugo.
O CD Lugo sementa dúbidas nesta preparación de tempada
O CD Lugo non parece arrancar nesta preparación de tempada despois de tres derrotas, dous empates e unha vitoria na pretemporada.
O PP de Lugo urxe ao goberno local licitar paneis de información multimedia
O PP de Lugo pregunta ao Concello se pensa licitar os paneis de información multimedia despois de que o concurso quedase deserto en 2019.
Adxudican por 155.000 euros a mellora dunha estrada en Cervantes
A Deputación de Lugo adxudica por máis de 155.000 euros a mellora da estrada provincial LU-P-1401, en Cervantes.
Novo alumeado público na rúa Soto Freire en Lugo
Rubén Arroxo anunciou a entrada en funcionamento do novo alumeado público da rúa Soto Freire, próxima á estación de buses.
O Río Breogán inicia a Liga Endesa contra o Lenovo Tenerife
O Río Breogán comezará a súa volta á Liga Endesa contra o Lenovo Tenerife no Pazo dos Deportes o 18 de setembro.