1, 2, 3, Responda outra vez

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
11 Jul 2022

Noelia Castro Yáñez

cuestionario Proust é un conxunto de preguntas contestadas polo escritor francés Marcel Proust, empregado a miúdo por entrevistadores modernos coma Javier Aznar no podcast Hotel Jorge Juan. Conversas arredor dunha chisporroteante copa de Seagrams, tónica, e sei firmemente con que tono se vai a ler o adxectivo desde Gaibor. Chisporroteante. Só fai falla algo para mascar, pensar, crer e medrar.

Como tamén sei que eu non vou a ter que enfrontarme a estas preguntas endexamáis diante dun micro, vounas a contestar aquí. Polo menos, algunhas, as que me de tempo antes de pasar a facer outra cousa. Ou as xustas para facer os tres mil cinco centos caracteres e poder marcar outra cruz na páxina que vai de hoxe a onte. Son trinta preguntas para coñecer en profundidade a unha persoa, así que tampouco podo contestar a todo con verdades absolutas, basicamente porque tampouco existen e porque non é a finalidade última nin desto nin de ningunha entrevista. Coido que en cada conversa do podcast, cada entrevistado acaba proxectando o que quere ser moito máis alá do que é na realidade.

Cal é o aspecto principal da miña personalidade? Coido que o pensamento crítico, a tenacidade froito da cal rematei a carreira e dirixe todos e cada un dos días da miña vida. Proust contestou que a necesidade de ser amado, máis alá da necesidade de ser admirado. E agora que xa respondín o que debería, direi que o forte temperamento é o que rixe a miña personalidade, a vena abultada á mínima de cambio, a mecha curta.

Cal é a cualidade que máis valoro noutra persoa? Aquí non teño dúbidas, a bondade. A boa fe como maneira habitual de proceder, sen intereses de por medio, interésame cando actúa e fala o corazón. Dixo Zuazua, de nada serve que queiras algo ou a alguén, se malia que sexa das túas persoas máis queridas, ela non o sabe. E non podo estar máis de acordo.

O meu erro principal? Preguntádelle á miña nai, que non é china, pero podería selo perfectamente. Por esa maneira tan súa de enumerar defectos e erros coa finalidade de seren mellorados, pero nunca, nunca, as virtudes, non vaia ser que me confunda e me confíe.

A miña ocupación favorita non é escribir nunha cafetaría coma Mauro Libertella, é ler na Rigueira, é ter tempo para H. E a miña idea de felicidade perfecta é saber que toda a xente que quero está ben, ten saúde e non me asusto cando escoito a melodía de chamada do iPhone, para min a felicidade ten moito de con quen e moi pouco de como. Aquí si que coincido con Proust, e teño medo de que non sexa o suficientemente grande, teño medo a destruilo se o digo. Igual ca o maior infortunio sería non coñecer á miña nai ou á miña avoa Anisia, da igual cando conteste esto. A miña cor favorita depende de para que. Podería dicir que o gris, nun mundo de brancos e negros, a min defíneme o gris.

Que me gustaría ser? Feliz, a ratiños e de cotío. Aos poucos. Porque eu misma xa son, e aquí, non entendín a resposta do autor.

Non teño flor favorita, así que podedes preguntarlle a B., que terá seis ou sete nomes e quédome co descarte. O paxaro favorito é calquera que non sexa unha gaivota, non me gustan especialmente as aves, só no prato diría se non tivese a pretensión de ser políticamente correcta. A miña poetisa favorita é Rosalía, porque sinto a súa mesma dor cando a leo, porque busco xente que me faga sentir, e ela consígueo a través do papel, sen sermos coetáneas ela sempre é a que me le o corazón a min.

E non contesto máis, para non espirme, pero seguirei a preguntarlle aos meus que se tivesen na man unha cápsula para facelos un dez por cento máis listos pero que os perciban un vinte por cento máis parvos, a tomarían. Sabendo que eu si, porque di Jabois que que te perciban máis parva é xogar con moita vantaxe na vida, e porque esa foi a miña máxima cada día que entrei nunha aula da Facultade de Matemáticas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18744397163391