10 Lucenses aprenderon a elaborar produtos de hixiene naturais no obradoiro do Lugar de Reque

LugoXa
10 Lucenses aprendieron a elaborar productos de higiene personal con recursos naturales en el taller en el Lugar de Reque de Lugo.
cosmetica lugar reque3
6 Feb 2022

O Espazo Permacultural Lugar de Reque acolleu este sábado 5 de sábado un obradoiro de cosmética natural, no que as persoas asistentes aprenderon a elaborar produtos de hixiene persoal a partir de recursos naturais. A formación, foi impartida por María García del Río da firma de cosmética natural Lola Puñales.

Abordáronse temas da autoxestión dos cosméticos, as necesidades básicas de pel, cabelo e hixiene bucal, equipamento básico, ingredientes naturais e boas prácticas desde un punto de vista permacultural e de aproveitamento de recursos. Na parte práctica do curso elaboraron xabrón, dentífrico e desodorante sólidos, mais unha loción corporal de aloe vera.

O obradoiro tivo unha duración de oito horas (de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas), e durante o mesmo explicáronse diversos conceptos teóricos sobre os criterios de selección dos materiais adecuados para cada forma e función cosmética, polo que, ademais de repetir na súa vida cotiá o aprendido, as persoas participantes poderán crear fórmulas novas.

O obradoiro de cosmética natural forma parte da programación organizada para desenvolver ao longo do ano no Espazo Permacultural Lugar de Reque, que incluirá un amplo abano de actividades ligadas á permacultura e á sostibilidade. Así, ademais desta proposta ligada á saúde e ao coidado persoal, nos vindeiros meses desenvolveranse obradoiros sobre manexo de terras, bioconstrución ou aproveitamento enerxético.

⚙ Configurar cookies
0.199049949646