100 Profesionais gastronómicos nacionais recibirán queixo da Denominación de Orixe do Cebreiro

LugoXa
100 Profesionales de la gastronomía de referencia nacional recibirán quesos de la Denominación de Origen de O Cebreiro.
queixo cebreiro dop
13 Mar 2022

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, vén de lanzar unha acción promocional para fomentar a nivel nacional o consumo de queixo da denominación de orixe protexida Cebreiro e dar así a coñecer todas as posibilidades que ten este produto no mercado.

Así, 100 profesionais de referencia dentro do mapa gastronómico nacional recibiron dúas pezas desta denominación -unha de DOP Cebreiro e outra de DOP Cebreiro curado- co fin de fomentar a identificación deste produto, promocionar o seu consumo e ampliar fronteiras en canto á súa proxección comercial. Entre os beneficiarios deste envío atópanse responsables de queixerías gourmet, algúns dos chefs máis prestixiosos do país, prensa especializada, distribuidoras e empresas de cátering de recoñecida traxectoria.

Para iso, os queixos foron enviados cun packaging especialmente deseñado para que non rompera a cadea de frío, co fin de garantir as condicións organolépticas destes queixos e que se atoparan en perfecto estado á hora de consumilo. Xunto a estes produtos, o Goberno galego remitiulle aos seleccionados un pequeno dossier informativo onde se especifican as particularidades desta denominación de orixe protexida, unha guía de corte e os pasos a seguir para a súa correcta conservación.

Por último, os profesionais deberán responder a un cuestionario de valoración no que se contemplan aspectos como a diferenciación do produto con respecto a outros queixos elaborados con leite de vaca, a intensidade do seu sabor ou o seu potencial a nivel gastronómico e comercial, ademais de comentarios e observacións adicionais que poidan fomentar o coñecemento deste produto.

DOP CEBREIRO
A denominación de orixe protexida Cebreiro foi recoñecida no ano 2006, sendo a súa zona de produción os concellos lugueses de Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela, Cervantes, Pedrafita, O Courel, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos. Os queixos deste selo están elaborados con leite de vaca das razas rubia galega, pardo-alpina, frisoa ou dos seus cruzamentos entre si, presentándose en forma de cogomelo ou gorro de cociñeiro.

0.2540111541748