11 palistas participarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de slalom e velocidade

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O responsable provincial, Efrén Castro, recibiu as e os deportistas, acompañados por representantes e persoal técnico da Federación Galega de Piragüismo
Campionato-de-España-de-Seleccións-Autonómicas -de-slalom-e-velocidade
9 Ago 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro parabenizou aos 11 palistas de clubs da provincia que participarán nos vindeiros meses nos Campionato de España de Seleccións Autonómicas de slalom e velocidade.

O responsable provincial recibiu as e os deportistas, acompañados por representantes e persoal técnico da Federación Galega de Piragüismo, no Pazo de San Marcos, poñendo en valor a súa selección para forma parte do conxunto galego e o traballo de preparación que están a desenvolver de cara a súa participación nas competicións.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financia diferentes accións de formación para clubs e deportistas a través da Escola de Piragüismo e que impulsa a Copa Deputación de Lugo, colabora tamén nos gastos relacionados con esta participación estatal da delegación lucense.

A primeira cita será para 5 palistas do Quixós de Monforte que participaron no campionato estatal de slalom en Calasparra, en Murcia, os días 24 e 25 de agosto. En outubro, disputarase o campionato de velocidade en Barcelona, no que participarán palistas de Cidade de Lugo, Fluvial e Altruán de Ribadeo.

0.098604917526245