122 videopoemas presentáronse ao concurso da casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Os vídeos, elaborados por mozas e mozos de ensino non universitario, son sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro e Manuel María.
videopoemas concurso manuel maria
2 May 2021

Cento vinte e dous traballos veñen de se presentar, na nova edición, a IV, do Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, unha vez finalizado o prazo de entrega este pasado luns, 26 de abril. Esta cifra supera as tres edicións anteriores deste concurso anual que a Casa-Museo Manuel María puxo en marcha no ano 2017.

Os traballos presentados ao certame pertencen a centros escolares espallados por toda Galiza, en concreto ás localidades de Vigo, Gondomar, Ribadumia, Ourense, Ferrol, Guitiriz, Sarria, Burela, Rianxo, A Coruña, Palas de Rei, Rodeiro, Sanxenxo, Xanceda, Panxón, Noia, Milladoiro, A Guarda, Portas, Porriño, Carballo, Narón, Marín, Portas e Lugo.

O concurso ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra poética de Rosalía de Castro e Manuel María. Nel pode participar o alumnado do ensino non universitario, é dicir desde 1º da ESO até o Bacharelato, incluíndo Ciclos Formativos.

Agora o xurado realizará un traballo de selección para determinar os finalistas desta edición, sen que estea predeterminado un número concreto. Desta maneira, o día 15 de maio proxectaranse os vídeos finalistas na Casa-Museo, coa asistencia das persoas que os realizaron, e o xurado emitirá o seu ditame dos dous mellores videopoemas desta cuarta edición.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.087834119796753