135 persoas participaron no primeiro paseo turístico organizado polo GDR-4

TerraChaXa | LugoXa
Friol abriu o pasado sábado 29 de xullo os paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.
excursion guido guia friol gdr 4
6 Aug 2023

Friol abriu o pasado sábado 29 de xullo os paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

Esta primeira actividade contou con máis de 135 persoas que recorreron o roteiro de Friol de tres horas de duración e logo puideron desfrutar dunha degustación de productos locais e tamén da actuación dunha das agrupacións de música tradicional da zona, Xesta Verde.

Este ciclo de actividades lúdicas e culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.

A seguinte será o 9 de setembro en Guntín aínda que se irán anunciando máis datas nos distintos municipios.

As inscricións son gratuítas e pódense facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982 238 000.

0.16947889328003