14 novos postos estarán dispoñibles na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

LugoXa
Catorce novos postos estarán dispoñibles para a súa licitación na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.
praza de abastos de lugo interior
14 Mar 2023

O procedemento de licitación dun total de 14 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal será aprobado mañá segundo anunciou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López “avanzando no obxectivo de contar con todos os postos da Praza e do Mercado con actividade”, afirmou.

O procedemento permitirá ocupar 10 postos na Praza de Abastos para distintas actividades, e 4 postos no Mercado Municipal destinados a actividades de hostalería e restauración. Todas as concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas en optar a un dos postos poderán presentar os seus proxectos nos 30 días posteriores á publicación do anuncio na plataforma de licitación.

Cristina López destacou o traballo realizado durante este mandato de cara a dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. "Hoxe podemos ver estes espazos cheos de vida, ocupados por novas xeracións de vendedoras e vendedores que continúan a achegar productos de calidade a estas dúas instalacións históricas que contan cun emprazamento totalmente renovado", afirmou a edil de participación.

Praza de abastos

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19033813476562