15 empresas interésanse por situarse no polígono das Gándaras en Lugo
15 empresas interésanse por instalarse no polígono industrial das Gándaras, en Lugo. Así o anunciou o Goberno galego logo de pechar o concurso de solo empresarial convocado por Xestur Galicia para o parque industrial lucense e o da Sionlla en Santiago de Compostela. En total, entre os dous polígonos, a entidade autonómica recibiu 23 ofertass, polo que estímase unha demanda de solo de entre 60.000 e 70.000 metros cadrados, dependendo de se existe concorrencia de
ofertas sobre as mesmas parcelas.
No parque empresarial das Gándaras rexistráronse 15 ofertas, que poderían superar os 28.000 m² .
Este é o segundo concurso de venda de solo empresarial convocado por Xestur en 2022. No mesmo incluíronse unicamente as áreas industriais nas que se rexistrou concorrencia de ofertas sobre as mesmas parcelas e, polo tanto, houbo empresas demandantes ás que non se puido adxudicar solo. O obxectivo deste novo concurso é garantir que todas as empresas interesadas poidan optar ás parcelas en igualdade de condicións.
No primeiro concurso deste ano, convocado no pasado mes de febreiro, adxudicáronse 43.887 metros cadrados no parque empresarial das Gándaras.