Palas inicia novas pavimentacións en vías municipais
LugoXa
O Concello de Palas de Rei acometerá novas pavimentacións nos lugares de Pidre, A Ulloa, As Lamelas (Rosario), A Carreira e Carteire.
9 Maio 2022
O Concello de Palas de Rei vén de anunciar novos traballos de acondicionamento de estradas municipais. Nesta ocasión será o turno dos lugares de Pidre, A Ulloa, As Lamelas (Rosario), A Carreira e Carteire.
Neses núcleos a brigada municipal de obras realizará formigonados, acometendo así as novas pavimentacións.