176 persoas participaron no primeiro Gran Premio de Ciclismo de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Equipos ciclistas procedentes de toda a comunidade galega acudiron ao evento, que destacou polo seu alto nivel de competición
gran-premio-ciclismo-outeiro-de-rei
24 sep 2024

O pasado sábado celebrouse o primeiro Gran Premio de Ciclismo de Outeiro de Rei, reunindo a un total de 176 mozos ciclistas de entre 5 e 16 anos. A proba, que comezou ás 15:30 na Praza do Concello, percorreu un circuíto urbano de 2,2 km, deseñado para poñer a proba as habilidades e resistencia dos participantes.

Equipos ciclistas procedentes de toda a comunidade galega acudiron ao evento, que destacou polo seu alto nivel de competición e o entusiasmo tanto dos corredores como do público. Ao longo da tarde, as rúas de Outeiro de Rei enchéronse de familias e afeccionados ao ciclismo, no que foi unha xornada deportiva marcada polo bo ambiente.

A pesar de que a choiva fixo acto de presenza na última parte do evento, nin os participantes nin os espectadores deixáronse desanimar. A competencia continuou con normalidade, e o público mantivo o seu apoio constante aos ciclistas. Tanto os corredores como os asistentes valoraron moi positivamente a experiencia, destacando a boa organización e a emocionante xornada deportiva.

0.10085391998291