20 xogadores da Escola Luguesa de Xadrez xogarán de forma simultánea en cinco concellos lucenses
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que Tu Xacobeo patrocina esta actividade que acollerán os municipios de Lugo, Triacastela, Samos, Portomarín e Palas de Rei.
O evento no que participarán 20 xogadores e 6 adestradores desenvolverase do 1 ao 5 de setembro con exhibicións abertas a peregrinos e a todo aquel que queira asistir.
A concentración Mozos Peregrinos está organizada pola Escola Luguesa de Xadrez e achegará mostras simultáneas aos concellos de Lugo, Triacastela, Samos, Portomarín e Palas de Rei.
A Xunta de Galicia apoia este encontro a través do programa Tu Xacobeo, no que participarán 20 rapaces xogadores amaters que recibirán os consellos e coñecementos de 6 adestradores no entorno do Camiño de Santiago.
Entre tódalas actividades previstas, Arias destaca “a exhibición do Gran Maestro Ilmars Starotitsque que terá lugar en Triacastela ou o torneo de rápidas, que xunto ás concentracións no albergue xuvenil de Portomarín e o percorrido de diferentes tramos do Camiño, farán desta unha actividade entretida que permitirá estimular a mente dos rapaces e poñelos en contacto coa natureza”. A concentración finalizará o martes, 6 de setembro, cunha exhibición na Praza Maior de Lugo, concretamente no taboleiro de xadrez.