200 Corredores participaron na proba Xacorun 2022

LugoXa | SarriaXa
Xacorun fue la prueba deportiva que se celebró el 19 de marzo entre Sarria y Portomarín. Contó con la participación de 200 corredores.
saida xacorun sarria
20 Mar 2022

No día de onte tivo lugar a proba deportiva Xacorun, nela participaron máis de 200 corredores e corredoras. A carón do Concello de Sarria iniciouse da proba na modalidade máis longa, cun percorrido de 22 quilómetros ata Portomarín, coincidindo co trazado do Camiño de Santiago.

A carreira, organizada por Club Pretorianos, tamén ofreceu unha opción máis curta, de 11 quilómetros, con saída en San Miguel de Biville.

Trátase dunha experiencia que tiña como obxectivo achegar o Camiño de Santiago aos atletas lucenses, que poderán desfrutar dunha contorna idílica.

O gañador da proba de 22 km foi Jose Canda Louzao que realizou o percorrido en 1 hora 18 minutos e 45 segundos, a primeira muller en cruzar a meta foi María Jesús Conde Rodríguez que rematou a proba en 1 hora 44 minutos. Os gañadores da proba de relevos foron Javier Fernández García e Manuel Carpente Vázquez, mentres que a primeira parella mixta que chegou ao final foi a que conformaban Sergio Monteagudo Rodríguez e Maite Salgado. Por último, o gañador da proba de 11 quilómetros foi Alejandro González Casanova na categoría masculina e Sé Senade na feminina.

O terreo polo que transcorreu a proba foi unha combinación de terra e asfalto aínda que a maior parte do percorrido será por terra.

0.12987804412842