200 persoas anotáronse nas escolas deportivas de Rábade
O Concello de Rábade comezaron as escolas deportivas con 200 persoas inscritas, a metade delas nas de persoas adultas.
Este ano en nenos, onde se engloban os que teñen entre 4 e 16 anos, recuperan o fútbol sala e terán tamén tenis de mesa, zumba infantil, xadrez e patinaxe. O resto de actividades, baloncesto, tenis, voleibol, ximnasia rítmica, atletismo, balonmán e rugby no tiveron demanda para facer grupo polo que este ano non se celebrarán.
En adultos celebrarase ximnasia de rehabilitación, máis orientados ás doenzas dos maiores, así como zumba, pilates, tenis de mesa, fútbol sala e ioga. Quedan sen grupo por falta de solicitudes patinaxe, atletismo e xadrez.
As clases de nenos xa se iniciaron e a intención é que den comezo as de adultos o 18 de outubro.
O Concello lembra que a inscrición, tanto para adultos como para nenos, segue aberta durante todo o ano. Os interesados en anotarse ás escolas poden facelo no departamento de Cultura e Deportes do Concello.