O prebenxamín do Porta Miñá gaña a Copa Galega de natación

LugoXa
Os prebenxamíns do Porta Miñá fixéronse coa Copa Galega da categoría esta fin de semana na proba disputada no Club Fluvial de Lugo.
equipo prebenxamin porta mina lugo
12 Xuño 2023

Os prebenxamíns do Club de Natación Porta Miñá fixéronse coa Copa Galega da categoría esta fin de semana na proba disputada no Club Fluvial de Lugo.

Participaron os oito primeiros equipos galegos da Liga e o CNPortaMiñá fíxose co título de campión e demostrou o gran traballo que se fai nas categorías inferiores ademais de nas superiores. A segunda praza do ránking quedou en poder do Club Fluvial de Lugo.

É este un título máis para o PortaMiñá, que consolida á cidade de Lugo e os seus deportistas como referente da natación galega.

0.078113079071045