O granadino David Peláez será finalmente o novo director deportivo do CD Lugo

LugoXa
O CD Lugo cambiou de rumbo e será finalmente David Peláez o que ocupe o banco de director deportivo da entidade luguesa
david pelaez director deportivo lugo
14 Xuño 2023

O CD Lugo cambiou de rumbo e será finalmente David Peláez o que ocupe o banco de director deportivo da entidade luguesa logo de que Miguel de Hita se retirase debido á imposibilidade de rescindir o seu contrato co Linares.

Deste modo, o novo director deportivo será o granadino, que chega a ocupar unha praza que leva baleira catro meses despois da dimisión de Carlos Pita no mes de xaneiro.

O novo director deportivo do Lugo leva vinculado ao club granadino desde 201o, equipo ao que chegou con 19 anos e leva medrando na xestión desde aquelas, especialmente como descubridor de talentos.

O obxectivo principal de Peláez será devolver ao equipo principal á Segunda División.

david pelaez director deportivo lugo vertical
0.082867860794067