23 veciños participan en Monterroso no novo plan integrado de emprego
LugoXa
Nos últimos días deu comezo a formación do novo plan integrado de emprego para formar a 23 persoas monterrosinas.
15 Xuño 2023
Nos últimos días deu comezo o novo plan integrado de emprego para formar a 23 persoas monterrosinas.
Estes plans son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, durante un período de 12 meses. Un programa que é totalmente adaptado ás necesidades do alumnado.
Trátase dunha nova colaboración institucional entre os concellos de Monterroso, Palas de Rei, Melide, Antas de Ulla, Portomarín, Guntín e O Páramo.