25 escolares da provincia foron premiados no Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal
25 escolares da provincia de Lugo foron premiados no Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2022, que organiza a Biblioteca Pública Provincial de Lugo coa colaboración das bibliotecas municipais da provincia. Os gañadores recibirán un lote de libros e unha estatuíña de Sargadelos.
Nesta ocasión o lema do certame foi “O que pasa ao meu arredor”, permitindo que os escolares deran a súa visión “da súa realidade inmediata e do mundo”, segundo afirmou Arias.
O xurado do certame estivo formado por María José Gómez Rodríguez, xefa do Servizo de Coordenación Cultural en Lugo; María Isabel Pérez Fórneas, directora da Biblioteca Pública de Lugo, Manuel Gulín, pintor; Ana Carreira, escritora e Xulio Xiz Ramil, xornalista, que actuou como secretario.
Os premios outorgados en Narración categoría A, ata 8 anos, foron para Carlota Mosquera Pardeiro de Barreiros, Gonzalo Suárez Marte da Pobra de Brollón e Laura Díaz Fraga de Alfoz. E tres accésits para Irea Magdaleno Vilariño de Antas de Ulla, Antón Rodríguez Fernández de Chantada e Fabián Pérez González de Ribadeo.
Na categoría B, de 9 a 11 anos, os premiados foron Hugo Martínez Pernas de Viveiro, Raúl Delpueblo López de Navia de Suarna eCarlos Torres García de Lugo. E houbo dous accésits para Emma Mantilla Fuentes de A Pobra de Brollón e Uxía Níñez Gómez de Burela.
Na categoría C, de 12 a 16 anos, foron Ana Lestao Ben de Burela, David Rey Cao de Burela e Unai Santiso Castro de Antas de Ulla. E dous accésits para Sabela Castro González de Monforte de Lemos e Lola Pedredo Defente de Pobra de Brollón.
Os premios outorgados en Debuxo categoría A, ata 8 anos, foron para Julia Villapol Bello de Barreiros, Noelia Gayoso Sixto de Foz e Uxía Sánchez Febrero de Barreiros.
Na categoría B, de 9 a 11 anos, Jesús Medela Vázquez de Antas de Ulla, Mateo Villapol Bello de Barreiros e Juan David Barreiro Gómez de Outeiro de Rei.
Na categoría C, de 12 a 16 anos, Claudia Fernández Fernández de Ribadeo, Salomé Mesa Ríos de Outeiro de Rei e Aarón Rodríguez Enterrios de Barreiros.
PREMIADOS FASE LOCAL
No acto tamén recibiron os seus premios os tres gañadores da fase local no municipio de Lugo. O primeiro premio foi para Adriana Mouronte Mazoy, o segundo para Pedro Alvelo Álvarez e o terceiro para Lucía Morán Fernández.