3.500 nenos da provincia terán gratuíta a gardería

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Máis de 3500 nenos e nenas de Lugo beneficiaranse da decisión de financiar todas as prazas das escolas infantís de Galicia.
nenos xogando
9 Dec 2021

Máis de 3500 nenos e nenas de Lugo beneficiaranse da decisión da Consellería de Política Social de financiar todas as prazas das escolas infantís de Galicia de forma que resulten gratuítas para as familias. A proposta suporá un investimento de 3.129.000 euros na provincia.

O Goberno galego anunciou que asumirá a partir do vindeiro curso os gastos de matrícula e de atención educativa dos usuarios en todas as escolas infantís, sexan públicas (tanto autonómicas como municipais) como de iniciativa social ou privada. Esta medida aplicarase nos 97 centros existentes na provincia de Lugo, entre eles os que xestiona a propia Xunta, os concellos, os de iniciativa privada ou as casas niño.

"Máis do 65% dos nenos e nenas lucenses de 0 a 3 anos terán dende o próximo curso un servizo de atención gratuíto e traballamos para seguir estendendo a oferta, especialmente no rural grazas á ampliación da rede de Casas Niño. Procuramos recursos de conciliación ás familias en todo o territorio", explican dende a Xunta.

"Trátase dunha medida pioneira en España, que sitúa a Galicia á vangarda na atención infantil, e proba, unha vez máis, que unha das grandes prioridades da Xunta é ofrecer servizos sociais de calidade aos galegos e galegas, tanto nas cidades como nos núcleos rurais”, afirman.

A terceira parte dos beneficiarios, máis de 1100 nenos e nenas, xa reciben na actualidade atención sen custo, debido a que o pasado ano entrou en vigor a resolución que establece a gratuidade a partir do segundo fillo matriculado. Ademais, esta oferta educativa vese reforzada desde 2016 coa apertura das casas niño, centros gratuítos para todos os usuarios situados en concellos do rural. O Goberno galego prevé rematar este ano con preto de 90 centros destas características repartidos por toda a Comunidade, o que supón outras 450 prazas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19049692153931