600 persoas participaron este venres na Festa da Terceira Idade de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
As persoas de maior idade que recibiron un recoñecemento foron María Parga Loureiro e Jesús Lourés Corral, ambos con 100 anos de idade
festa-maiores-outeiro-de-rei
5 Jul 2025

Outeiro de Rei acolleu a 31ª edición da Festa da Terceira Idade, este venres 4 de xullo na área recreativa de Santa Isabel, coa participación de máis de 600 persoas.

A xornada festiva deu comezo ás 13:30 horas coa celebración dunha misa solemne oficiada por Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo.

Tras a misa, tivo lugar a tradicional comida de confraternidade, un momento para o reencontro e a convivencia entre veciños e veciñas de toda a contorna. Ás 14:15 horas realizouse entrega de premios, en homenaxe ás persoas de maior idade do municipio, recoñecendo a súa traxectoria e contribución á vida comunitaria. Neste caso os agraciados foron María Parga Loureiro e Jesús Lourés Corral, ambos con 100 anos de idade.

A continuación, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, deu a benvida oficial ás persoas asistentes, agradecendo a súa presenza e poñendo en valor o papel da terceira idade no desenvolvemento e identidade do concello.

Remataron a tarde amenizados polos cantos de taberna do grupo Son Outeiro e pola música do grupo Los Adrianos.

⚙ Configurar cookies
0.10087299346924