70 escolares do CEIP Luís Pimentel de Lugo visitan o Pazo de San Marcos

LugoXa
Fernández Méndez deulles a benvida no Salón de Plenos da institución provincial
visita-escolares-luis-pimentel-deputacion
Visita dos escolares do Luis Pimentel
11 Xuño 2024

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos a preto de 70 escolares do curso de 6º de Infantil do CEIP Luís Pimentel de Lugo. Fíxoo no marco dunha visita organizada polo centro educativo coa colaboración da Deputación co obxectivo de que os escolares coñezan desde dentro o funcionamento desta institución pública.

Fernández Méndez deulles a benvida no Salón de Plenos da institución provincial onde os nenos e nenas, acompañados polos seus docentes, recibiron como agasallo institucional o libro Colorea a provincia de Lugo e unha mochila cun paraugas e unha gorra. O alumnado fixo un percorrido polas instalacións provinciais, onde descubriu parte da historia do edificio que hoxe é a sede da Deputación de Lugo.

0.22430610656738