80 persoas participaron na ruta motera 'Pata de xato' do Motoclub Lóstregos Lucus

LugoXa
O punto de encontro foi no Concello da Fonsagrada, onde tivo lugar unha degustación de tenreira galega e visitaron a feira de gando local
Lostregos-Motoclub-A-Fonsagrada
28 Apr 2025

Esta fin de semana, o Motoclub Lóstregos Lucus organizou a Ruta motera 'Pata de xato', que comezou ás 9:00 horas coa recepción e almorzo para os 80 participantes.

A saída tivo lugar ás 9.30 horas, percorrendo por grupos Lugo, Meira, A Pontenova, Taramundi, Bres, Porto da garganta, Cascada de Morlongo, Mosterio Santa María de Oscos (Motard Bar), San Martín de Oscos, Santa Eulalia de Oscos (Vaca motera), Molinos de Rosario e ata A Fonsagrada.

Así, ás 12:00 horas tivo o punto de encontro na explanada do Concello da Fonsagrada, onde tivo lugar  adegustación de tenreira galega e visitaron a feira de gando local, San Marcos, convidados polo Concello.

Durante o tramo final da ruta, seguiron con dous grupos, visitando a Fervenza de Vilagocende, o Mirador de Arexo, a ponte colgante, o río de porcos, o Mirador de Acibro, e o Alto del Acebo, para rematar sobre as 14:30 horas, canto tivo lugar a comida no Piñeiral.

⚙ Configurar cookies
0.13264083862305