A 5ª Quedada Motorista celebrarase en San Froilán o 28 de setembro

LugoXa
O evento comezará ás 10:00 horas na Praza de Augas Férreas e contará con comida, música en directo e sorteo de agasallos
quedada_motorista_lugo_
16 Sep 2025

O vindeiro 28 de setembro de 2025 celebrarase a 5ª Quedada Motorista de San Froilán. A concentración terá lugar na Praza de Augas Férreas ás 10:00 horas, cunha hora límite de saída ás 11:00.

O programa inclúe pinchos e comida con música en directo, cun menú composto por empanada, polbo, carne ó caldeiro, larpeira, bebidas e café. O prezo é de 29 euros e haberá aforo limitado.

As entradas poden mercarse anticipadamente en Taberna Daniel (Villarrente), Sin Citi – El Boni e O Cubano en Sarria. Tamén se poden reservar mediante pago por Bizum ao número 680 64 31 06, indicando nome e DNI.

Ademais, durante a xornada celebrarase un sorteo de agasallos grazas aos patrocinadores: Taberna Daniel, Motolugo, Lugauto, Núñez Motor, Lucus Computer, Clínica Médica Sarria, Plastinox Sánchez, Publiser Serigrafía e MacroCopia Tecnoloxía.

⚙ Configurar cookies
0.10059690475464