A AC Taekwondo Sarria vén de participar no Open de Bélxica

Este fin de semana, a AC Taekwondo Sarria participou no Open de Bélxica, celebrado en Lommel, como última proba internacional antes do Campionato de Europa que se celebrará o mes que vén en Tallin, Estonia.
Un dos grandes logros da xornada foi a medalla de bronce conseguida por Mateo Fernández. Nunha categoría cun altísimo nivel de competencia, Mateo logrou meterse no podio tras realizar dúas rondas nas que destacou pola calidade dos seus poomsaes. Este éxito reafirma o seu excelente estado de forma e permítele chegar ao Europeo con grandes expectativas.
Pola súa parte, o adestrador Alex tamén conseguiu unha medalla de prata en equipo, xunto aos seus compañeiros Carlos e Marco. Aínda que o equipo mostrouse satisfeitos co resultado, Alex comentou que "unha medalla que sabe a pouco, pero que serve como motivación e como novo punto de partida para preparar o Europeo". A nivel individual, Alex foi eliminado na ronda previa á medalla, ao perder contra o subcampión do torneo, pero o seu rendemento segue sendo un claro indicativo do seu gran nivel competitivo.
A participación neste Open de Bélxica foi unha gran experiencia para o equipo da AC Taekwondo de Sarria, que xa se prepara con máis motivación que nunca para o Campionato de Europa en Estonia.