A activista Leyla Khaled dá una videoconferencia no centro social A Hedreira

LugoXa
Este martes ás 19.
a_hedreira_lugo
29 Abr 2024

Este martes ás 19.15 Leyla Khaled dará una videoconferencia no centro social autoxestionado A Hedreira con tradución árabe-castelán. Khaled, é unha figura importante nesta loita, non só como muller senón como organizadora con conciencia de clase, que nunca deixou de falar e loitar contra a ocupación israelí de Palestina e os seus patrocinadores imperialistas, é decir, Estados Unidos e Gran Bretaña.

Khaled, como tantas persoas palestinas desposeídas, creceu nun campo de refuxiados en Líbano. Alí, e debido a esas difíciles condicións materiais e sociais da súa vida, comezou a desenvolver conciencia política dende nena. Con 15 anos, comprometeuse a tempo completo, coa loita palestina. Uniuse ao Movemento Nacionalista Árabe e mergullouse no activismo político. Asistiu á universidade Americana de Beirut onde axudou a organizar manifestacións militantes de apoio da liberación palestina.

0.13279795646667