A actriz Estíbaliz Veiga representou en Lugo a obra 'Mozas nas Redes'

LugoXa
A obra, que foi vista por alumnado do IES Sanxillao, é unha montaxe teatral sobre o acoso e a violencia sexual a través das redes sociais
Mozas-nas-redes-Estíbaliz-Veiga
26 Apr 2025

Unhas 30 alumnas e alumnos de 1º de BAC do IES Sanxillao asistiron á representación de 'Mozas nas Redes', unha montaxe teatral sobre o acoso e a violencia sexual a través das redes sociais. Está protagonizada pola actriz Estíbaliz Veiga baixo a dirección de Xosé Leis.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiron á actividade, que conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade.

Os responsables autonómicos apuntaron que este tipo de iniciativas contribúen a que os rapaces e rapazas “tomen conciencia dos perigos asociados ao uso das redes sociais, como o grooming ou o cyberacoso” e “lles axudan a identificar condutas e situacións conflitivas que poñen en risco a súas seguridade”.

A obra presenta unha sucesión de episodios que mostran como catro mozas adolescentes de distintas condicións sociais, situacións familiares e aptitudes académicas foron caendo nas teas de araña de acosadores na rede. Todas están interpretadas pola mesma actriz, que vai mudando de personaxe.

⚙ Configurar cookies
0.17344403266907