A AECC presenta as axudas á investagación contra o cancro en Lugo
A Asociación Española Contra o Cancro Lugo celebrou un acto na capital lucense para presentar á cidadanía e ás institucións as axudas que aporta para a investigación do cancro e para dar a coñecer á sociedade o apoio continuo da Asociación á Investigación en cancro co obxectivo de aumentar a supervivencia media das persoas con cancro ao 70% para o 2030 e levar os resultados da investigación ao paciente.
No acto de adxudicacións participaron o Dr. Javier Álvarez, investigador oncólogo no Hospital Universitario Lucus Augusti, ao que se lle adxudicou unha Axuda Clínico Formación 2022, e a Dra. María de la Fuente, investigadora no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago IDIS, que presentou o seu proxecto Desenvolvo de novos fármacos fronte á metástase.
Esta xornada tamén contou coa intervención de Dra Naiara Cambas, directora de Divulgación Científica da Fundación Científica e Dra María Luz Abella, presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Eduardo Iglesias, presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, foi o encargado de moderar este acto e propuxo unha mesa redonda onde participaron ambo investigadores, Javier Álvarez, María de la Fuente e o Ignacio Fernández, oncólogo médico e coordinador de investigación no Hospital Universitario Lucus Augusti.
Nesta mesa redonda púxose de manifesto o obxectivo dos proxectos, como beneficiarán aos pacientes e a importancia da investigación. A AECC é a entidade que máis investigadores apoia para que se investigue o cancro en 565 proxectos abertos cuns fondos destinados de 104M€ en proxectos propios. No ano 2022 na provincia de Lugo destinou 146.644 euros a investigación en cancro.
O deputado Rivera Capón recoñeceu e agradeceu á Asociación Española contra o Cancro de Lugo “o extraordinario labor que o colectivo está a facer para a avanzar en investigación nesta doenza”, que afecta en España a 1 de cada 2 homes e a 1 de cada 3 mulleres. Destacou tamén o traballo que, ao longo do ano, realiza o colectivo en apoio a pacientes e familiares afectados, e lembrou que dende a Deputación “estamos a colaborar coa entidade cunha achega de 8.000€ para facilitar a atención psicosocial dos pacientes oncolóxicos da provincia”.