A AELG organiza os Faladoiros da Memoria e a Gala dos Premios Mestra e Mestre
A Asociación de Escritores e Escritoras en lingua galega organiza os Faladoiros da Memoria 2002 vinculados ós actos dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022 co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Os faladoiros terán lugar mañá xoves ás 19.00 no salón de actos da Deputación de Lugo co título Cara a onde vas, Entroido? No acto participarán Inma Alonso Rodríguez, Xosé Manuel Seixas, Miguel Losada e Branca Villares. Lois Pérez será o encargado de levar a cabo a presentación e Antonio Reigosa o encargado de moderar.
A asociación celebrará tamén unha gala o vindeiro 21 de outubro no Vello Cárcere a partir das 18.00. A Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022 é unha actividade desenvolta pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Este ano recoñecen como Mestras e Mestre da Memoria 2022 respectivamente ao grupo de folk Malvela e o gaiteiro Faustino Luís Seoane polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da memoria colectiva e o saber popular.