A AGG organizará a mostra de música do Domingo das Mozas

LugoXa
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo co patrocinio da área de Cultura do Concello de Lugo a que será a XXV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de máis dunha ducia de grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiros, grupos de baile, murgas, etc.
mostra baile tradicional domingo mozas portada
6 Oct 2023

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo co patrocinio da área de Cultura do Concello de Lugo a que será a XXV edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de máis dunha ducia de grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiros, grupos de baile, murgas, etc... ) que encherán de música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da musica tradicional.

Os Grupos participantes nesta edición son Rebulir Cultura Tradicional, de Ramirás; Souto Xímaro, de Lourenzá, Río de Anxo, de Rianxo; Os Faiscas de Solobeira, de Cambados; Abertal, da Rúa; Tumba e Dalle, da Mariña Lucense; tres grupos do colectivo Traspés de Vigo; Par de Par, de Ourense; Os Mecos de Ogrobe, do Grove, e Axeigo, de Lugo.

No escenario praza de Santa María actuarán Bouba pandeireteiras e Tanto nos Ten.

Pola mañá os grupos sairán dende a Mosqueira ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.

Pola tarde repetiranse as actuacións de rúa a partir das 17.00 horas, para logo rematar ás 18.00 horas, e a esa hora, poderase desfrutar na Praza de Santa María dos Concertos de Bouba Pandeireteiras e Tanto nos Ten.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

mostra baile tradicional domingo das mozas

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22665095329285