A alcaldesa de Lugo fixo entrega das cartas dos nenos de Lugo aos paxes reais

LugoXa
La alcaldesa de Lugo recibió a los pajes reales en el Salón de Plenos para hacer entrega de las cartas recibidas de los niños lucenses.
recepcion Reis Magos lara mendez lugo4
5 Xan 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no Salón de Plenos xunto a unha comitiva de nenos e nenas da cidade, aos paxes reais parara facerlles entrega persoalmente das centos de cartas que deixaron os pequenos cos seus desexos na caixa de correo real instalada na casa consistorial.

A rexedora mantivo unha conversa con eles antes de partir a recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar á súa chegada a Lugo, no Auditorio, onde estivo acompañada da concelleira de cultura, Maite Ferreiro, e doutros edís da Corporación.

A rexedora pediulles aos paxes que lembrasen aos Magos de Oriente que estas cartas estaban avaladas por un certificado de bo comportamento expedido pola Cidade de Lugo en agradecemento á colaboración das e dos máis pequenos e ao esforzo que realizaron para adaptarse ás restricións sanitarias e sociais da pandemia.

Méndez destacou, unha vez máis, que “as nosas crianzas comportáronse como auténticos heroes, e demostraron unha responsabilidade e unha comprensión extraordinaria. Por este motivo, preparamos un diploma, incluído na carta para as súas maxestades, coa finalidade de ser un aval para que as autoridades competentes, os Reis Magos, accedan, na medida do posible, aos desexos de todos os nenos e nenas de Lugo” explicou a alcaldesa.

Xa na Cabalgata, que este ano polas limitacións derivadas da pandemia é estática, a alcaldesa agradeceu aos Reis o esforzo para chegar a todos os fogares e lembrou que para miles de persoas, nenos e adultos, esa noite "será un momento máxico".

0.42126512527466