A alcaldesa de Lugo puxo en valor o traballo do Concello no centro Antonio Gandoy

LugoXa
Informouse de que, desde o 2020, o Concello de Lugo aumentou nun 140% o orzamento destinado a estas áreas para asegurar unha atención adecuada ás persoas maiores
visita-Antonio-Gandoy-Concello-de-Lugo
2 Jan 2025

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, participou na tradicional visita ao centro Antonio Gandoy, unha tradición que marca a véspera da chegada dos Reis Magos.

Xuntas desexaron un feliz Aninovo ás e aos usuarios do centro, ao tempo que lles ofreceron agasallos doces e os usuarios agasallaron ás representantes municipais con adornos artesanais.

Durante a xuntanza, a alcaldesa destacou "o traballo que fai este Concello desde a área de Benestar Social e Maiores para xestionar integramente a actividade deste centro de día", que actualmente acolle a 50 usuarios. Estes reciben atención integral, con opción de xornada completa de oito horas ou media xornada, englobando servizos como transporte, atención médica, enfermería, fisioterapia, psicología, xerocultor, perruquería, podoloxía e comida en quente para os almorzos, xantar e merenda. Alvarellos subliñou que o custo anual para o Concello ronda o millón de euros.

Este centro de día é crucial na atención á terceira idade en Lugo e compleméntase cos programas municipais como Axuda no Fogar e Xantar no Fogar. Estes programas axudan a 5,000 persoas que viven soas na cidade, prestando asistencia en tarefas domésticas e proporcionando dietas equilibradas para evitar a exclusión social, comentou Olga López Racamonde.

A concelleira informou que, desde o 2020, o Concello de Lugo aumentou nun 140% o orzamento destinado a estas áreas para asegurar unha atención adecuada ás persoas maiores. Paula Alvarellos aproveitou para instar á Xunta de Galicia a que asuma as súas competencias en materia de dependencia e benestar, buscando mellorar a vida dos maiores en Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.17735600471497