A alcaldesa pide axilidade na posta a disposición das parcelas do Polígono das Gándaras
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu aos acto de recepción por parte do Concello das obras de urbanización da II fase do parque empresarial das Gándaras, “ubicadas nun enclave privilexiado, pola proximidade tanto co Polígono do Ceao coma da autovía A-6 e que supoñen unha oportunidade nun momento, ademais, no que desde o Concello de Lugo estamos a desenvolver o maior investimento da historia da cidade con recursos propios para dinamizar a economía e diversificar os sectores produtivos co fin de que a cidade salga reforzada da emerxencia da pandemia”.
A rexedora, que estivo acompañada dos tenentes de alcaldesa, Miguel Fernández e a Paula Alvarellos, instou á Xunta de Galicia axilidade na posta a disposición das parcelas para que “Lugo non perda oportunidades económicas nun momento no que desde o Concello estamos a traballar na captación de investimentos co fin de que se asenten empresas na cidade e se poidan crear postos de traballo, moi necesarios”.
Neste senso, lembrou que "estamos a traballar en diferentes plans co tecido económico e empresarial da nosa cidade, tanto a través da Estratexia Lugo Transforma, mobilizando 12 millóns de euros na constitución dun fondo público emprendedor para atraer empresas que xeren un alto impacto social, innovador e medioambiental, como a través de outras iniciativas como a Mesa de Diversificación Industrial ou o Plan de Dinamización de Barrios”.
Lara Méndez agradeceu a liña de colaboración existente co departamento autonómico de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que lidera Angeles Vázquez, que anunciou onte que o Instituto Galego dá Vivenda e Solo prevé adxudicar en breve a III fase do Polígono, que permitirá crear unha bolsa de chan de case 36.000 m2 e 27 parcelas, unha praza de máis de 3.000 m2 e case 140 prazas de aparcadoiro.
Ao acto de recepción tamén asistiron os tenentes de alcaldesa, Miguel Fernández e a Paula Alvarello.