A ampla programación cultural, un reclamo máis para os turistas

LugoXa
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, afirmou que os bos resultados turísticos do Concello de Lugo gardan unha importante relación coa “calidade da ampla programación cultural que mantén viva a cidade”, unha programación que inclúe actividades de todo tipo durante todos os días da semana.
Programacion cultural concello lugo
18 Ago 2023

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, afirmou que os bos resultados turísticos do Concello de Lugo gardan unha importante relación coa “calidade da ampla programación cultural que mantén viva a cidade”, unha programación que inclúe actividades de todo tipo durante todos os días da semana.

Concertos, recitais poéticos, teatros, presentacións de libros, festivais, exposicións, ou faladoiros que, segundo a concelleira, “sitúan a Lugo no mapa das persoas que buscan un lugar con varias opcións de ocio e entretemento á hora de pasar as súas vacacións”. A concelleira de Cultura e Turismo fixo unha valoración do verán “á espera de que remate a campaña turística e valoremos os datos rexistrados nas distintas instalacións”, explicou Maite Ferreiro.

Ferreiro quixo resaltar a aposta do Goberno de Lugo pola cultura coas actividades organizadas dende o inicio do verán: “o ciclo cultural de verán que comezou no mes de xuño leva xa case 100 opcións de ocio para todos os públicos, cunha media de 10 actividades por semana”, indicou a concelleira de Cultura, que engadiu “as agrupacións culturais lucenses son unha peza importante á hora de manter esta programación cultural, sendo protagonistas de ciclos como o Muralleando, que dan un espazo privilexiado ás e aos músicos de Lugo”.

“Lugo ten un emprazamento privilexiado debido a súa proximidade xeográfica coas distintas zonas máis turísticas da Galiza, ao mesmo tempo que ten unha riqueza patrimonial, etnográfica, cultural e gastronómica que fan da nosa cidade o sitio ideal que visitar, fuxindo da masificación do resto de zonas turísticas”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “desde as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo estamos a traballar para mellorar a cidade e continuar a atraer turismo de calidade, apostando por un turismo desestacionalizado con propostas de calidade para achegar visitantes durante todo o ano”.

Programacion cultural concello lugo
0.19448614120483